Entrevista a Gerardo Marraud, Director da Biblioteca Universitaria de Vigo

Faro de Vigo

A Biblioteca Central está integrada en Bugalicia, o Consorcio de Bibliotecas Universitarias a través do que se adquiren de forma conxunta recursos electrónicos. As últimas compras, dispoñibles dende principios de ano, son dúas bases de datos internacionais sobre deporte e lexislación (Sirc Sports Discus Database e Lexis Nexis) e un novo módulo Aranzadi relacionado tamén con este último ámbito.


– ¿Cal é a importancia de Bugalicia?
– É fundamental. O 65% das revistas electrónicas proceden de Bugalicia. É a única forma de poder comprar grandes paquetes cuxos precios son prohibitivos. Ademáis tamén se realizan accións formativas comúns e outras actividades cooperativas.
– ¿Cal é o papel da Biblioteca Central respecto ás que existen nas facultades?
– Cada campus ten a súa Biblioteca Central que funciona como cabeceira de rede e dispón de recursos máis específicos para satisfacer as necesidades dos investigadores ou de profesionais que nun momento dado necesiten, por exemplo, consultar un manual. En Vigo hai seis bibliotecas de proximidade en facultades que ademais do préstamo e a informacion bibliográfica básica funcionan sobre todo como salas de lectura.
– ¿Dispón de suficiente personal?
-Nas tres bibliotecas centrais traballan un centenar de persoas e 35 na de Vigo. Sí faría falla algo máis de persoal porque ainda que a base sexa tecnolóxica os usuarios requiren unha atención máis persoalizada na súa busca de información.

* Ver a entrevista completa en: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=39786&pIdSeccion=2&pNumEjemplar=2506


 

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia