A Biblioteca Central da Universidade no campus de Vigo estreou onte unha nova versión da páxina web do catálogo, desenvolta en colaboración coa Sección de Coordinación e Proceso Técnico, a Sección de Hemeroteca e o Consorcio Bugalicia.


 


      Deste xeito mellórase a consulta ao catálogo e a outros recursos de información da Biblioteca, con este novo catálogo que pasa agora a denominarse “Perseo”, Provisión en liña de rexistros e servizos bibliográficos.


 


      De cara a facilitar e mellorar este servizo creouse un apartado de recursos electrónicos dende o que se pode acceder facilmente aos libros electrónicos e ás revistas electrónicas da Biblioteca. Do mesmo xeito, pódese tamén consultar o listado de teses realizadas na Universidade, e mellorouse o acceso ao rexistro do usuario facilitando, ao mesmo tempo, a creación do seu propio PIN, a posibilidade de gardar as estratexias de busca favoritas do usuario e complétase a mellorar coa incorporación dunha táboa de préstamo.


 


      Por outra banda, o catálogo de revistas-e da Biblioteca segue a ampliar os seus fondos, neste caso coa incorporación, ata finais de decembro e a xeito de proba, das revistas do Institute of Physics, IOP.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia