Unha vez máis a cooperación bibliotecaria das tres universidades galegas deu os seus froitos no seu afán de prestarlle un servicio á investigación e ó desenvolvemento de Galicia. O resultado tradúcese nunha inversión conxunta para o 2004 cun valor superior ós 3.762.000€ (ó redor de 625 millóns, das antigas pesetas) en recursos electrónicos, dos cales 2.800.000 € vanse a dedicar íntegramente a novas suscripcións das revistas máis demandadas e citadas pola comunidade académica.

 
Dende o 1 de xaneiro do 2004, ós recursos electrónicos xa albergados en BUGALICIA (bases de datos referenciais e libros electrónicos), unese o acceso vía web a máis de 13.000 documentos científicos (revistas, normas,
procedementos,…) pertencentes ás editoriais máis prestigiosas do eido científico a nivel mundial. Entre elas atópanse: Elsevier, IEE, Kluwer, Springer, Wiley, Nature, Science Online e JSTOR.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia