Quen somos

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (CBUG)

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (CBUG), constituído como unha entidade de dereito público o 29 de novembro de 2001, naceu da vontade das tres Universidades galegas apoiadas pola Xunta de Galicia, en concreto pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ademais de contar co soporte técnico do Centro de Supercomputación de Galicia.

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia ten como obxectivo fundamental o apoio continuo ós servicios bibliotecarios das tres universidades galegas a través da cooperación interbibliotecaria.

A Xunta de Galicia e as Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, buscaban favorecer así a produción científica que se está a desenvolver en Galicia, poñendo a disposición dos estudantes e dos investigadores unha útil ferramenta tecnolóxica: o acceso á través da rede a un alto número de recursos electrónicos de información científica.

Estatutos

Podes consultar os estatutos do Consorcio aquí :  Estatutos (renovados no DOG o 12 09 2006)

Regulamento interno

Aquí poderás consultar o regulamento interno aprobado en reunión de Consello de Goberno do 28 de novembro de 2008. Regulamento (544Kb)

Convenios

Visualiza tódolos convenios asinados polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia nos últimos anos.

Plans de actividades

Se che interesa coñecer as planificacións de tarefas que se fan a principios de ano no Consorcio entra nos plans de actividades.

Memorias de xestión

Se queres coñecer en profundidade o que fixemos en anos anteriores podes consultar as memorias de xestión.

Equipo humano

A labor do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia pódese levar a cabo grazas ao persoal co que contamos.