A»Web of Knowledge» é visitada polos usuarios españois en máis de 10.000 ocasións cada día. No primeiro cuadrimestre de 2004 o número total de consultas ascendeu a 908.000, mentres que no mesmo período deste ano superánrose xa as 1.470.000 consultas, seg

La Flecha.

Ata o momento, os usuarios visitaron a web en máis de cinco millóns de ocasións en total, segundo os datos presentados nunha xornada organizada no CSIC. Máis de 6.000 científicos, intelectuais, universitarios e investigadores participaron nos cursos impartidos pola FECYT, para conseguir un uso máis cualificado da «Web of Knowledge».


Nunha enquisa realizada ás máis de 600 empresas rexistradas, o 98,58 por cento das institucións que responden manifesta a súa satisfacción polos beneficios aportados polo acceso á web. Un 43 por cento a visita diariamente e un 33 por cento declara visitala alomenos unha vez por semana.


A «Web of Knowledge» é unha plataforma da empresa Thomson Scientific formada por bases de datos bibliográficas, citas e referencias de publicacións cientficas de calquera disciplina do coñecemento, tanto científico como tecnolóxico.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia