Ata o 31 de xullo de 2018 o CBUG pon a disposición de toda a comunidade universitaria galega, a colección completa de libros electrónicos de Wiley Online Library, máis de 20.000 títulos.

Pódese acceder a toda a colección a través de Wiley Online Library. Son libros electrónicos de carácter científico, organizados en 17 coleccións: Agricultura e Ciencia dos Alimentos, Arquitectura, Arte, Economía, Finanzas e Contabilidade, Química, Informática, Humanidades, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas e Estatística, Medicina, Enfermaría, Física e Enxeñaría, Psicoloxía, Ciencias Sociais e do Comportamento.

Finalizado este periodo de proba, a través do modelo baseado na evidencia seleccionaranse para adquirir en propiedade aqueles títulos que máis se utilizasen a partir dos datos de consulta e uso da colección.

É o segundo ano que se suscribe o acordo EBS para as tres universidades galegas, xa en 2017 se seleccionaron e suscribiron 298 títulos en acceso perpetuo grazas a este modelo.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia