Dende o día 10 de xaneiro de 2019 e ata o 31 de setembro de 2019, a comunidade universitaria tirá acceso á colección completa de libros electrónicos de Wiley Online Library, grazas ó acordo EBS suscrito coa editorial polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

Accederase a toda a colección a través de Wiley Online Library. Son libros electrónicos de carácter científico, de 17 coleccións temáticas, Agricultura e Ciencia dos Alimentos, Arquitectura, Arte, Economía, Finanzas e Contabilidade, Química, Informática, Humanidades, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas e Estatística, Medicina, Enfermaría, Físicas e Enxeñaríaa, Psicoloxía, Ciencias Sociais e do Comportamento.

Finalizado este periodo de proba, seleccionarase utilizando o modelo de adquisición baseado na evidencia (EBS) os títulos en propiedade a partir dos datos de consulta e uso da colección.

É o terceiro ano que o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia suscribe un acuerdo EBS, polo mesmo xa se accede de maneira definitiva a 693 títulos. En 2017, seleccionaronse 298 títulos, e no ano 2018 sumáronse a estos 395 libros.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia