[ Baixas efectivas a partires do 1 de xaneiro de 2004 ]

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia formalizará a principios do 2004 a súa oferta de novas adquisicións de revistas electrónicas a texto completo, tratase dunha aposta fundamental para o desenvolvemento da investigación científica en Galicia e que complementa as bases de datos contratadas.

A comisión técnica, reunida o pasado 1 de xullo de 2003, baseándose nun estudio de solapamento dos títulos referenciados polas bases de datos contratadas no 2003, así como no análises das estatísticas de uso das mesmas, aprobou a cancelación das suscricións ás seguintes bases de datos:

AQUALINE

ANALITICAL ABSTRACTS

APID

DOCTHESES

EI COMPENDEX

FSTA

GLOBAL BOOKS

HISTORICAL ABSTRACTS

ISSN

LA LEY

LIFE SCIENCE

MATHSCIDISC

MYRIADE

PERINORM

SOILCD

As novas revistas a texto completo contratadas para o 2004 serán anunciadas proximamente nesta web e a través dos servicios das bibliotecas centrais das universidades galegas.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia