671 títulos de Blackwell e 32 títulos de ACS (American Chemical Society) amplían a colección de revistas electrónicas a texto completo ás que as tres universidades galegas terán acceso en 2005.


Blackwell Synergy subminístranos o acceso a unha ampla colección de revistas electrónicas relacionadas cun amplo número de materias tales como Menciña, Ciencias da vida, Ciencias da saúde, Economía, Leis, etc. 671 títulos que nos facilitan o acceso a mais de 400.000 artigos a texto completo.


ACS (American Chemical Society) é unha das coleccións de revistas electrónicas mais prestixiosas de química e as áreas relacionadas, que veñen a completar a xa ampla oferta de recursos que o Consorcio viña ofrecendo.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia