O pasado 27 de xullo de 2010, a Dirección Xeral de Promoción de Emprego da Consellería de Traballo e Benestar resolveu otrogar a Bugalicia unha nova subvención para a contratación de traballadores/as desempregados/as, na área de biblioteconomía e da documentación, para a realización do servizo denominado “AVALIACIÓN DE RECURSOS DE INVESTIGACIÓN EN BUGALICIA”.

A data límite do inicio do servizo será o 18 de outubro de 2010 e terá unha duración de 9 meses.

Esta contratación farase a través do Servicio Galego de Colocación.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia