A editorial Springer, vennos a anunciar o lanzamento dunha nova plataforma para acceder ós seus fondos,  esta versión será lanzada o día 7 de agosto, engadiranse con esta nova plataforma novas utilidades para os usuarios como son a presentación de documentos relacionados co que se está a consultar, unha previsualización en pdf dos capítulos de libros, unha mellora das características de navegación, ou visualización de resumos sen abandonar a busca entre outras.

Aproveitamos para recordarvos o lanzamento da nova plataforma de Wiley prevista inicialmente para estes días e que pasa a ser finalmente o día 8 de agosto. Podedes ver a información proporcionada no seu momento en:

https://www.cbug.es/?p=2569

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia