O CBUG (Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia) ven de asinar un acordo de membresía con MDPI (Multidisciplinary Digital Publishing Institute).

Esta editorial académica que publica máis de 200 revistas científicas en formato electrónico, revisadas por pares, e de acceso aberto. Algúns dos seus títulos contan con factor de impacto en JCR.

Este acordo de membresía ofrece ós autores do SUG (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) un desconto do 15% nas taxas de publicación en todas as súas revistas.

Requirimentos para dispoñer do desconto:

  1. Rexistro e identificación:
    • É fundamental que os datos de filiación e o correo electrónico queden claros, tanto no rexistro como no envío do manuscrito, para que se poida aplicar o desconto do 15% nas taxas de publicación.
    • O autor principal, ou ben o autor de correspondencia, debe ser membro dalgunha das universidades do SUG.
    • Para ser recoñecidos como tal deben estar rexistrados cunha dirección de correo electrónico baixo algún dos dominios institucionais (@udc / @usc / @uvigo).
  2. Envío do artigo:
    • Unha vez rexistrado, o autor deberá facer o envío do artigo e marcar o nome da súa universidade no despregable de institución que se mostra para o envío online do manuscrito.
  3. Desconto no pagamento:
    • O desconto do 15% poderase aplicar seleccionando a institución participante no “Institutional Open Access Program” no momento da publicación do traballo. O prezo final reflectirase na factura que recibirá o autor.
    • Exemplo:
MDPI Exemplo de desconto
Exemplo de desconto do 15% na publicación de traballos en revistas de MDPI.

Mais información:

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia