O CSIC lanza unha nova plataforma para mellorar o acceso ós contidos da súa base de datos, pasando así da súa división en tres bases de datos ICYT, IME e ISOC a unificar a través da seguinte URL https://indices.csic.es/

A nova plataforma permite buscar dun xeito máis cómodo e integrado en tódolos contidos, ademais de contar con un área de axuda e de preguntas frecuentes, mellórase así o acceso a información de publicacións españolas dende os anos 70 de áreas como a Ciencia e a Tecnoloxía, a Biomedicina ou as Ciencias Humanas e sociais.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia