O 1 de xaneiro de 2014 vía a luz unha ambiciosa iniciativa de acceso aberto, o Sponsoring Consortium for Open Access Publishing in Particle Physics, ou o que é o mesmo,  SCOAP3.

SCOAP3 é unha iniciativa internacional liderada polo CERN (Organización Europea para a Enerxía Nuclear, galardoada co Premio Príncipe de Asturias en 2013), destinada a convertir en revistas de acceso aberto un conxunto de publicacións clave dentro do campo da física de altas enerxía. Deste modo, ás revistas incluidas no ámbito do proxecto- seleccionadas tras unha convocatoria pública que consideraba factores como o factor de impacto ou a calidade do servizo prestado polos editores- non presentan custos para os autores e usuarios de todo o mundo, sendo sufragado o acceso ás mesmas pola propia asociación SCOAP3, de xeito centralizado.

BUGalicia adheriuse a SCOAP3 en outubro de 2014, mediante o chamado Memorandum of Understanding (MoU), documento que asinou cada país/institución para a súa adscrición oficial ó proxecto. Estos MoUS recollen as características do proxecto e os dereitos e obrigas de cada parte. Outros firmantes españois do acordo nas mesmas datan foron os consorcios de bibliotecas universitarias españolas ou grupos de compra como CSUC, Madroño, BUCLE, G9, Grupo Canarias Levante e o CIEMAT.

O investimento das bibliotecas que contaban con subscrición a estas revistas traspásase agora a SCOAP3, que utiliza ese fondo para os gastos inherentes ó proceso dun artigo científico previo a súa publicación (APCs), mentras libera ós autores de asumir ditos custos.

Todos os artigos están en acceso aberto nos sitios web das editoriais e tamén aparecen no repositorio SCOAP3 para a súa posterior distribución. As características destos artigos (en formatos XML e con licenzas CC-BY) permiten a minería de datos sobre eles. SCOAP3 supervisa que tódolos textos publicados teñan plena conformidade con estos requisitos.

Segunda fase do proxecto: SCOAP3 Journals, 2017-2019

Tras o éxito dos primeiros anos de funcionamento de SCOAP3 (2014-2016), representantes dos máis de 3.000 socios de SCOAP3 en 47 países, dez editores académicos e o CERN, como a organización anfitriona e propulsora do SCOAP3 , anúnciase en abril de 2016 a extensión desta iniciativa de acceso aberto para os próximos tres anos, dende xaneiro de 2017 ata decembro de 2019.

En abril de 2017, o CERN, como promotor de SCOAP3, anuncia un novo acordo coa American Physical Society (APS) para publicar artigos de alta enerxía en tres das revistas líderes do editor a partir de 2018, pasando a ser 11 as revistas integrantes do proxecto:

· Physical Review Letters

· Physical Review C

· Physical Review D

 

Listado de revistas:

 https://scoap3.org/phase2-journals/

 

Enlaces de interese:

Frequently Asked Questions (FAQs)

Newsletter SCOAP3

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia