Con motivo da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía, un centenar de actividades divulgativas recorrerán as principais localidades galegas entre o 2 e ó 30 de novembro. Trátase dun evento que celebran todos os países da Unión Europea de forma paralela nestas datas.


O propósito é acercar á cidadanía á actividade científica e tecnolóxica para mostrar os seus logros e aplicacións.


O Conselleiro de Innovación, Juan Rodríguez Yuste e o Director Xeral de I+D Pedro Merino, deron a coñecer en Santiago as actividades organizadas. O Centro de Supercomputación de Galicia participa como cada ano nesta Semana a través de diversas actividades. No marco deste evento desenvolverase unha nova edición do HPC CESGA Workshop o 18 de novembro que contará coa presenza de dous membros do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia: Dna. Victoria Millor Rego, Directora Técnica, que impartirá a conferencia “Xestión e explotación do maior Repositorio de e-Coñecemento en Galicia” e D. Vicente Piñeiro Vázquez, Técnico de Sistemas, que falará das “Ferramentas dispoñibles a través de Bugalicia para a explotación e minería de coñecemento científico-técnico”.


Para obter máis información sobre a axenda do HPC CESGA Workshop: http://www.cesga.es/Novas/defaultL.html


Presentación do Consorcio de Bibliotecas

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia