¿Qué é Pórtico?

Pórtico é o portal de acceso e busca nos múltiples recursos de información dos que dispoñen as Bibliotecas do Sistema Universitario Galego.

A plataforma Pórtico inclúe, entre outras ferramentas, o metabuscador, que permite a organización, diseminación, recuperación e aceso á información académica nun ambiente heteroxéneo de revistas e bases de datos electrónicas, libros, catálogos bibliográficos e outros recursos en Internet.

A través del poderá coñecer os recursos dispoñibles na súa área de coñecemento e lanzar sobre eles consultas simultáneas, ver os resultados de modo unificado e enlazar ó texto completo se dispón del, o que permite un primeiro achegamento ao seu tema de interese.

Ademais Pórtico inclúe un xestor de enlaces, SFX, unha aplicación que permite integrar compoñentes da biblioteca dixital mediante unha tecnoloxía de xeración dinámica de enlaces. Asemade permite avaliar a calidade, a rendibilidade e o equilibrio da colección de recursos electrónicos.

O xestor de enlaces facilitaralle medios para obter o texto completo, comprobar se a biblioteca dispón da versión impresa, solicitar o documento a través do servizo de préstamo interbibliotecario, consultar o factor de impacto, acceder á táboa de contidos ou resumos, buscar outros documentos do autor, exportar citas a Refworks, etc.
A implantación deste novo produto é froito da labor levada a cabo por un equipo de traballo formado por persoal das bibliotecas das tres universidades galegas e BUGalicia, na procura constante de facilitar aos usuarios un mellor acceso ás fontes de información mais relevantes.

¿Cómo se accede?

1.- Pique no enlace http://portico.bugalicia.org

2.- Seleccione a súa institución …

Pantalla de selección PORTICO

3.- Busque dende as pantallas da metabusca …

portico_capturaspantalla001

4.-  Ou dende as pantallas do xestor de enlaces SFX …

Pórtico, busca no xestor de enlaces SFX

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia