Refworks informa:

RefWorks-COS ten o pracer de anunciar que o Programa Alumni agora se ofrece como unha característica estándar de RefWorks, que dá acceso de por vida para os usuarios que son alumnos de institucións subscritoras.

Mentres a institución permaneza unida a RefWorks, os alumnos terán acceso, permitíndolles continuar empregando as súas bases de datos persoais de investigación para futuros proxectos profesionais e académicos.

Este acceso de por vida a RefWorks será un beneficio adicional para os alumnos, e axudará ás institucións académicas a manter a relacións cos ex-alumnos, esenciais para doazóns, rankings e participación noutros cursos.

Aquí pode atopar máis información sobre o Programa Alumni (inglés). Tamén pode ver a mesma información gracias á traducción automática de Google (castelán).

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia