O proxecto SCOAP3, Sponsoring Consortium for Open Access Publishing in Particle Physics, foi inaugurado o pasado 1 de xaneiro de 2014, tras moitos meses de preparación e co apoio de máis de 20 países, España está considerando estos días a súa posible adhesión ó consorcio SCOAP3.

SCOAP3 é un proxecto no que participan máis de mil bibliotecas interaccionáis, consorcios (entre os que se atopa o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia) e centros de investigación.

Naceu dunha negociación a dúas bandas iniciada polo CERN; por un lado editores como Elsevier, IOP ou Springer entre outros; e por outro lado os organismos de financiamento.

Estes últimos achegan ó CERN os mesmos fondos que viñan aportando ata o momento e eles xestionan o pagamento das taxas de publicación dos autores e as subscricións a prezo reducido das bibliotecas.

Grazas a este acordo se poderá acceder en acceso aberto e gratuitamente a artigos de revistas do campo da Física de Altas Enerxías e, ademais, os autores non terán que pagar por publicar nelas, mantendo o seu copyright.

O acordo abarca, tanto as revistas que xa subscribía cada institución, como as contratadas polo resto dos participantes no proxecto polo que, polo mesmo investimento, se obtén unha ganancia de acceso a tódalas revistas participantes do proxecto.

 

Máis información na web de SCOAP http://scoap3.org/

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia