A Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)  organiza na Universidade de  Vigo unha xornada presencial de formación no uso das bases de datos da Web of Knowledge para todos os investigadores de Galicia.


 


“Web of Knowledge” (WOK)  é unha colección de bases de datos bibliográficas, citas e referencias de publicacións científicas de calquera disciplina do coñecemento.  Entre outras  integra as bases de datos Web of Science, Current Contents e  Journal Citation Report.


 


A xornada terá lugar:


 


–         Data: 24 de maio


–         Lugar: Aula Magna. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
(Vigo)


–         Horario: 10 a 13:30 horas


 


 


Para asistir  cómpre inscribirse previamente para a reserva de praza a partir do 1 de maio en  <mailto:presentacionwok@marketingciudad.com>
presentacionwok@marketingciudad.com  ou no teléfono  91 441 60 40


 


Para máis información <http://www.accesowok.fecyt.es/cursos/presencial-2005.html>
http://www.accesowok.fecyt.es/cursos/presencial-2005.html

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia