Os investigadores do SUG teñen actualmente acceso a SciFinder Scholar, pero a partir do 1 de decembro poderán acceder ó novo SciFinder-n, pasando a acceder a unha nova interface máis sinxela e intuitiva, e a un aumento de contido.

 

En SciFinder-n hai máis posibilidades de busca, e os resultados amósanse por relevancia, pero o máis relevante é o contido adicionado que segue:

· Patenpak: ferramenta que permite localizar as sustancias clave dunha patente. Permite descargar a patente en formato PDF buscable, permitindo facer buscas textuais dentro da patente.

· MethodsNow Synthesis: protocolos sintéticos (reacións).

· Retrosynthesis: permite facer retrosíntese, é decir pedirlle a Scifinder-n que plantee unha ruta de síntese para a súa target (sustancia a sintetizar).

 

 

 

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia