Dende o día 10 de xaneiro de 2019 e ata o 10 de outubro de 2019, a comunidade universitaria tivo acceso á colección completa de libros electrónicos de Wiley Online Library, grazas ó acordo EBS suscrito coa editorial polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

Tras esta selección en 2019, xunto cos EBS do ano 2017 e 2018, accédese a 1.184 títulos de carácter científico, de 17 coleccións temáticas, Agricultura e Ciencia dos Alimentos, Arquitectura, Arte, Economía, Finanzas e Contabilidade, Química, Informática, Humanidades, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas e Estatística, Medicina, Enfermaría, Físicas e Enxeñaría, Psicoloxía, Ciencias Sociais e do Comportamento.

Ós libros adquiridos poderase acceder a través do seguinte enlace:

http://sfx.bugalicia.org/bug/azbook/default?param_vendor_value=Wiley+Ebooks+%28AP%29

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia