BX Hot-Articles é un servizo gratuíto que achega aos nosos móbiles o TOP-TEN dos artigos académicos nas áreas de ciencia, empresa, dereito, medicina, enfermaría, psicoloxía, ciencias sociais e todos os campos académicos máis relevantes.

O seu algoritmo de relevancia baséase no cruce de información sobre as tendencias de uso de múltiples institucións e millóns de investigadores ao redor do mundo.

BX Hot-Articles axuda a permanecer ao corrente dos avances que se producen en cada campo de investigación e facilitará a exploración científica permitindo:

  • Ver que artigos académicos foron máis populares entre os investigadores de cada campo nas últimas semanas.
  • Canalizar cara ao texto completo en formato electrónico e aproveitar mellor a subscrición de cada institución.
  • Enviar a referencia dos artigos por correo electrónico.
  • Recibir unha notificación cada vez que a lista actualízase.

Pódese consultar BX Hot-Articles dende a páxina web de BUGalicia, dende a web de Pórtico ou dende o seu teléfono móbil Android ou iPhone seguindo as instruccións de instalación da aplicación.

bX HA Bugalicia

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia