Aranzadi anuncia o cambio definitivo de plataforma da súa base de datos Westlaw, neste momento atópanse convivindo as dúas plataformas, pero a versión antiga deixará de estar dispoñible o vindeiro 31 de xullo. Nestes momentos ó entrar á versión anterior da base de datos xa aparece un banner coa información de que esa versión vai a desaparecer e a data na que acontecerá.

A empresa pon a disposición dos seus clientes unha serie de formacións en liña e titoriais en vídeo que poden ser de interese para os usuarios desta base de datos:

http://www.aranzadi.es/index.php/area-cliente/formacion-en-productos

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia