As Bibliotecas das tres universidades galegas, a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, poñen a disposición dos seus usuarios o catálogo da Produción Científica de Galicia, como ferramenta de busca e recuperación da investigación producida na nosa Comunidade Autónoma, dende 1990 ata a actualidade.


 


Este catálogo inclúe a produción científica tanto das Universidades, como de outros centros de investigación da Administración, do Sistema Sanitario e empresas situadas no ámbito galego.


 


Este proxecto ponse en marcha con máis de 20.000 artigos, extraídos da base de datos Web of Science, dos ámbitos de Ciencias Experimentais, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ensinanzas Técnicas e Humanidades.


 


Nesta primeira fase ofrecerase o acceso só ó texto completo dos artigos publicados polos nosos investigadores en revistas electrónicas actualmente subscritas a través do Consorcio e recollidas polo ISI.


 


Nunha segunda fase, este catálogo irase incrementando, na medida do posible, con toda a produción científica dos investigadores galegos tanto a través de enlaces ó resto dos artigos, recollidos ou non, nas bases de datos do ISI, como a diferentes documentos dixitalizados (teses, ponencias…), que nos axuden a conformar o escenario real da documentación científica de Galicia.


 


Este novo catálogo nace como ferramenta de apoio á investigación, ofrecéndonos información dos artigos, revistas nas que están publicados, clasificación das revistas, o seu Factor de Impacto, …. e coa pretensión de involucrar no seu desenrolo ós nosos investigadores, únicos artífices da produción científica de Galicia.


 


Poden acceder a través da URL:


 


[ http://pcg.bugalicia.org ]

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia