API é unha base de datos bibliográfica de revistas, xornais e artigos de máis de 300 revistas internacionais, alternativas e radicais de esquerdas.

A Alternative Press Index púxose en marcha en 1969 para facilitar o acceso ás teorías emerxentes e as prácticas de cambio social radical. Trátase dunha guía do xornalismo alternativo e da investigación crítica social; teorías e prácticas do socialismo e a revolución xunto coa ecoloxía, a democracia, o anarquismo, o feminismo, os sindicatos, os pobos indíxenas e gais e lesbianas.

Alternative Press Index: Archive proporciona cobertura ata 1969, sendo unha base de datos compañeira de API.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia