Dende xaneiro de 2018 e ata o 31 de xullo de 2018, as tres universidades galegas tiveron acceso á colección completa de libros electronicos de Wiley Online Library, grazas ó acordo entre esta editorial e o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

Son libros electrónicos de carácter científico, organizados en 17 coleccións: Agricultura e Ciencia dos Alimentos, Arquitectura, Arte, Economía, Finanzas e Contabilidade, Química, Informática, Humanidades, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas e Estatística, Medicina, Enfermaría, Físicas e Enxeñería, Psicoloxía, Ciencias Sociales e do Comportamento.

Durante os meses de agosto e setembro, o acceso verase interrumpido para poder realizar a selección de títulos en acceso perpetuo para o ano 2018 baixo o modelo de adquisición baseado na evidencia (EBS).

Os usuarios poderán acceder, durante ese corto periodo de tempo, sólo ós 298 títulos adquiridos en 2017, a través do catálogo da súa dúa biblioteca ou do xestor de enlaces SFX (Pórtico).

Unha vez realizada a nova selección informarase sobre acceso ós novos títulos.

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia