O vindeiro día 12 de xullo, terá lugar o acto de presentación do libro “Indicadores científicos de Galicia. ISI, Web of Science, 1990-2003” promovido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e publicado pola Dirección Xeral de I+D da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia


O traballo estivo dirixido por D. Félix de Moya Anegón, Catedrático e Vicerrector de Nuevas Tecnologías da Universidad de Granada, e realizouse por iniciativa do Consorcio Bugalicia, nun intento de contribuir á análise da situación, evolución e efectos das actividades de I+D en Galicia nas distintas áreas de coñecemento.


O acto terá lugar no CESGA, co seguinte programa:


As 10:30 h, conferencia co titulo ¿Poden as universidades mellorar a visibilidade das publicacións dos seus investigadores? impartida por D. Félix de Moya.


As 13:00 h, presentación do devandito libro, presidida polos tres reitores das universidades galegas e o Director xeral de I+D.


Mapa para chegar ó CESGA

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia