A principios de setembro a preocupación pública sobre a pandemia da Gripe A (H1N1) comezou a crecer e os editores de medicina e enfermería de EBSCO responderon ofrecendo gratuitamente as últimas informacións relacionadas coa gripe e as probas mais recentes.

A pandemia se expande e seguen a ofrecer recursos de información libres contra a gripe dende a web http://www.ebscohost.com/flu/

Ebsco segue a prestar apoio público continuamente actualizado a través de informacións baseadas en evidencias clínicas de DynaMed e Nursing Reference Center, bases de datos de puntos de coidados de enfermería de Ebsco, xunto con información sobre procesos de pacientes en 17 idiomas do Patient Education Reference Center.

Pode visitar esta web libre e gratuitamente, enlazala dende a súa páxina web ou compartila cos seus colegas, clientes, familiares e amigos.

http://www.ebscohost.com/flu/

Tamén pode consultar a traducción automática ó castelán grazas ó traductor automático de Google na url:

Traducción automática

Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia