Quen somos

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (CBUG)

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (CBUG), constituído como unha entidade de dereito público o 29 de novembro de 2001, naceu da vontade das tres Universidades galegas apoiadas pola Xunta de Galicia, en concreto pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio, a través da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ademais de contar co soporte técnico do Centro de Supercomputación de Galicia.

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia ten como obxectivo fundamental o apoio continuo ós servicios bibliotecarios das tres universidades galegas a través da cooperación interbibliotecaria.

A Xunta de Galicia e as Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, buscaban favorecer así a produción científica que se está a desenvolver en Galicia, poñendo a disposición dos estudantes e dos investigadores unha útil ferramenta tecnolóxica: o acceso á través da rede a un alto número de recursos electrónicos de información científica.

Estatutos

Podes consultar os estatutos do Consorcio aquí :

Estatutos do CBUG (renovados no DOG o 12 09 2006)

Regulamento interno

Aquí poderás consultar o regulamento interno aprobado en reunión de Consello de Goberno do 28 de novembro de 2008.

Regulamento interno do CBUG (544Kb)