A nova plataforma NetLibrary, adquirida polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e financiada pola Dirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica  do SUG, é unha interface que ofrece acceso perpetuo a texto completo a unha colección de libros electrónicos, máis de 4.000 títulos, aos que terá acceso toda a comunidade universitaria, ofrecendo así solucións de contido electrónico que serven de apoio á investigación, referencia e aprendizaxe na Web.


NetLibrary é o principal provedor de libros electrónicos do mercado profesional. Ofrece títulos de eBooks de máis de 400 editores, cubrindo unha ampla gama temática: economía, literatura, historia, informática, medicina, enxeñaría, psicoloxía, bioloxía, física, matemáticas, etc.


A colección multidisciplinar inicial, consta de máis de 900 títulos seleccionados por BUGalicia, e do acceso a máis de 3.000 títulos libres de dereitos de autor (a maior parte destes son obras de referencia e clásicos literarios). A tipoloxía documental desta colección é diversa, englobando excelentes fontes de referencia; tales como dicionarios, enciclopedias, monografías e obras da literatura universal, entre outras.

Ler máis   

Cambridge University Press presume de publicar os escritos educacionais e académicos máis selectos de todo o mundo. Como un departamento pertencente á  Universidade de Cambridge, o seu obxectivo é afondar no fomento do coñecemento, a educación, a aprendizaxe e investigación.


Cambridge Journals Online é a plataforma de acceso ás revistas da colección de Cambridge University Press (http://journals.cambridge.org/action/login). As áreas científicas cubertas por esta colección son de ámbito multidisciplinar abarcando todas as ramas do saber. Actualmente Cambridge ofrece 211 títulos dos cales 82 corresponden ás áreas tecnolóxicas, científicas e médicas e os 119 restantes ás áreas de humanidades e ciencias sociais.Toda a información da colección estará accesible a partir do ano 1997.
 
Taylor & Francis é un dos principais editores mundiais de publicacións académicas e científicas. Publican máis de 900 revistas de investigación peer-reviewed.
A maioría das revistas do grupo Taylor & Francis están dispoñibles en liña a través de informaworld™ (http://www.informaworld.com), o portal que ofrece todos os produtos e servizos de Taylor & Francis, Routledge, Psychology Press e Informa Healthcare nun único recurso.
As áreas científicas cubertas por esta colección de revistas son de ámbito multidisciplinar abarcando temáticas diversas como a medicina, a tecnoloxía, as ciencias da vida, a xeografía, as ciencias sociais, as humanidades ou a educación. A colección de revistas que Taylor & Francis ofrece, a través de informaworld™, alcanza 1141 títulos dos cales 525 corresponden ás áreas tecnolóxicas, científicas e médicas e os 616 restantes ás áreas de humanidades e ciencias sociais. Toda a información da colección estará accesible a partir do ano 1997.

Ler máis   

Oxford University Press é unha prestixiosa editorial internacional de ámbito académico e investigador que publica unha colección de revistas electrónicas denominadas Oxford Journals (http://www.oxfordjournals.org/). Moitos dos títulos que a conforman son editados en colaboración con prestixiosas sociedades científico – culturais.


As áreas científicas cubertas por esta colección son de ámbito multidisciplinar abarcando temáticas diversas como as ciencias da vida, as matemáticas e ciencias físicas, a medicina, as ciencias sociais, as humanidades ou o dereito. Actualmente Oxford Journals comprende 180 títulos dos cales 85 corresponden ás áreas tecnolóxicas, científicas e médicas e os 95 restantes ás áreas de humanidades e ciencias sociais.


 

Ler máis   

Refworks, de CSA, é o novo xestor de referencias bibliográficas adquirido, a través de DOC6, polas tres universidades galegas en colaboración co Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.


Os xestores de referencias bibliográficas coma Refworks, son programas que permiten ós usuarios, a través dunha subscrición institucional, abrir unha ou mais contas para xestionar a súa bibliografía.


O programa de administración bibliográfica Refworks permite:


• Crear unha base de datos persoal en liña. Pode almacenar unha cantidade ilimitada de rexistros con acceso dende calquera ordenador conectada á Internet. Non require descargar nin instalar ningún software, e as actualizacións son automáticas.


• Importar referencias bibliográficas automaticamente a partires de diferentes bases de datos, catálogos de bibliotecas e provedores como EBSCO, Wilson, ProQuest, ScienceDirect, ISI, OVID, Elsevier etc. A listaxe completa pódese consultar en: Ver listaxe de recursos


• Organizar referencias bibliográficas. Pode clasificar e arquivar referencias de arquivo fácil e rapidamente usando carpetas, pode duplicar índices de busca e autor, palabra clave e publicacións periódicas.


• Formatear bibliografías e documentos en segundos. Elaborar listados bibliográficos, dándolles o formato adecuado de maneira automática para incorporar a calquera documento de traballo. Dispón de numerosos formatos (Vancouver, MLA, APA, Chicago, etc) e se pode cambiar de un a outro con un simple clic do rato.



RefWorks é o medio ideal para almacenar unha base de datos persoal de investigación, intercambiar investigacións con colegas e descargar bibliografías en diferentes formatos de acordo ás esixencias das diferentes publicacións. Ademais de proporcionar mecanismos de investigación, ao profesorado tamén lles permite proporcionar acceso de só lectura ás bibliografías relacionadas cun curso.


Esta subscrición complétase coa opción RefShare, que se engade ó módulo de RefWorks e que permite compartir bases de datos de RefWorks de diferentes institucións, poñendo a disposición doutros usuarios da Universidade ou doutras institucións, as carpetas que decida compartir, nas condicións de acceso que defina (lectura,impresión, importación….) e permitindo deste xeito a realización de proxectos compartidos.


Para facilitar o traballo podemos empregar Write-N-Cite, un plug-in para Microsoft Word que lle permitirá crear a bibliografía do seu traballo engadindo referencias bibliográficas directamente dende Refworks cun so clic.


Tamén podemos empregar RefGrab-It un script que, dende o seu navegador (Internet Explorer ou Firefox), capturará información bibliográfica dende as páxinas web que nas que se atopen ISBNs, Pubmed-ID ou DOI, e as gravará directamente na súa conta de Refworks.


 


[ Acceda a Refworks ]


 


 


[ Ver mais información ]


 


 


[ Ver guías ]


 


 


 

Ler máis   

Acaba de lanzarse o primeiro número da revista IEEE-RITA: Revista Iberoamericana de Tecnología del Aprendizaje, unha publicación da Sociedad de la Educación del IEEE (IEEE EdSoc), centrada na comunidade iberoamericana, non só no senso xeográfico, se non tamén na actividade dos investigadores de fala española e portuguesa de todo o mundo. O tema principal de IEEE-RITA centrase na investigación e aplicacións tecnolóxicas á educación. Polo tanto o seu ámbito comprende o deseño e investigación sobre novas ferramentas, materiais e técnicas que faciliten a ensinanza/aprendizaxe así como ás aplicacións, métodos pedagóxicos e experiencias concretas de uso.


IEEE-RITA é unha publicación lanzada polo Capítulo Español de la Sociedad de la Educación del IEEE (CESEI), a través do seu Comité Técnico, de Acreditación y Evaluación (CTAE), e apoiada polo Ministerio Español de Educación y Ciencia a través da acción complementaria TSI2005-24068-E, Red Temática del CESEI.


Tratase dunha experiencia piloto aprobada polo  Comité Administrativo de la Sociedad de la Educación del IEEE, na súa reunión de 19 de xuño de 2006, como un proxecto piloto de novas vías de transmisión da información e o coñecemento estando pendente da aprobación final do Comité de Publicaciones del IEEE.


A frecuencia inicial prevista é cuadrimestral (Febreiro, Maio, Agosto e Novembro): catro números por volume, e un volume por ano. Sen embargo, na etapa inicial de lanzamento a súa frecuencia será semestral (Maio e Novembro): dous números por volume e un volume por ano. Cando o número de artigos recibidos así o aconselle, cambiarase á frecuencia cuadrimestral inicialmente prevista. Cada número conterá aproximadamente 5 artigos.


A todos os efectos é unha publicación de IEEE, aínda que polo momento non estará na plataforma de IEEE-Explorer. O acceso farase dende a táboa de contidos da páxina web da revista (http://webs.uvigo.es/cesei/RITA).

Ler máis   

Ata o vindeiro mes de marzo as Bibliotecas Universitarias galegas disporán de acceso en modo de proba a Unesco EOLSS on line, que comprende 16 enciclopedias e foi desenvolvido por un comité conxunto da Unesco e a Encyclopedia of. Life Support Systems.


Acceder a EOLSS ]

Ler máis   

Os títulos de Cell Press a través da plataforma ScienceDirect de Elsevier amplían a colección de revistas electrónicas a texto completo ás que as tres universidades galegas terán acceso dende 2006.



 


Títulos tan prestixiosos como Cell, Cancer Cell, Neuron ou Current Biology entre outros forman parte dos 10 títulos que abrangue dita colección sobre ciencias da vida.



 


Todos eles ocupan as primeiras posicións dentro da súa categoría, nas listaxes do ISI baseadas no de factor de impacto.


 



Entre outros pódense atopar contidos sobre bioloxía molecular, bioquímica, investigacións sobre o cancro, bioloxía celular, bioloxía do desenvolvemento, xenética, inmunoloxía, microbioloxía, neurobioloxía, bioloxía das plantas, bioloxía estrutural e viroloxía.


 



 


[ Ver títulos dispoñibles ]


 


[ Mais información sobre Cell Press ]


 

Ler máis   

Os títulos de Cell Press a través da plataforma ScienceDirect de Elsevier amplían a colección de revistas electrónicas a texto completo ás que as tres universidades galegas terán acceso dende 2006.


 


Títulos tan prestixiosos como Cell, Cancer Cell, Neuron ou Current Biology entre outros forman parte dos 10 títulos que abrangue dita colección sobre ciencias da vida.


 


Todos eles ocupan as primeiras posicións dentro da súa categoría, nas listaxes do ISI baseadas no de factor de impacto.


 


Entre outros pódense atopar contidos sobre bioloxía molecular, bioquímica, investigacións sobre o cancro, bioloxía celular, bioloxía do desenvolvemento, xenética, inmunoloxía, microbioloxía, neurobioloxía, bioloxía das plantas, bioloxía estrutural e viroloxía.


 


 


[ Ver títulos dispoñibles ]


 


[ Mais información sobre Cell Press ]


 

Ler máis   

Os días 26 e 27 de outubro vanse celebrar unhas xornadas de formación presencial para explicar o funcionamento e melloras das bases de datos da ISI Web of Knowledge (WOK).


O día 26 de outubro a xornada será no Salón de Actos da Facultade de Informática no Campus de Elviña (Universidade da Coruña). O horario será de 10:00 a 13:30.


O día 27 de outubro a xornada será no Salón de Actos do «Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia». CSIC» (Avda de Vigo. Campus Universitario Sur. Santiago de Compostela). O horario será de 10:00 a 13:30.


En http://www.accesowok.fecyt.es/cursos/presencial-2006.html atópase información sobre os lugares, direccións e datos de contacto para a reserva de praza a partir do 1 de Outubro (presentación@fecyt.es)


 

Ler máis   

Con data 3 de xullo de 2006, o Consello de Goberno do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia aprobou a Memoria de Xestión do 2005.


Pódese atopar na seguinte URL:


http://www.bugalicia.org/asp/contenido.asp?idIdioma=1&idMenu=12


 

Ler máis