Entrevista a Gerardo Marraud, Director da Biblioteca Universitaria de Vigo
Faro de Vigo
A Biblioteca Central está integrada en Bugalicia, o Consorcio de Bibliotecas Universitarias a través do que se adquiren de forma conxunta recursos electrónicos. As últimas compras, dispoñibles dende principios de ano, son dúas bases de datos internacionais sobre deporte e lexislación (Sirc Sports Discus Database e Lexis Nexis) e un novo módulo Aranzadi relacionado tamén con este último ámbito.
– ¿Cal é a importancia de Bugalicia?
– É fundamental. O 65% das revistas electrónicas proceden de Bugalicia. É a única forma de poder comprar grandes paquetes cuxos precios son prohibitivos. Ademáis tamén se realizan accións formativas comúns e outras actividades cooperativas.
– ¿Cal é o papel da Biblioteca Central respecto ás que existen nas facultades?
– Cada campus ten a súa Biblioteca Central que funciona como cabeceira de rede e dispón de recursos máis específicos para satisfacer as necesidades dos investigadores ou de profesionais que nun momento dado necesiten, por exemplo, consultar un manual. En Vigo hai seis bibliotecas de proximidade en facultades que ademais do préstamo e a informacion bibliográfica básica funcionan sobre todo como salas de lectura.
– ¿Dispón de suficiente personal?
-Nas tres bibliotecas centrais traballan un centenar de persoas e 35 na de Vigo. Sí faría falla algo máis de persoal porque ainda que a base sexa tecnolóxica os usuarios requiren unha atención máis persoalizada na súa busca de información.
* Ver a entrevista completa en: http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pIdNoticia=39786&pIdSeccion=2&pNumEjemplar=2506
Permite buscar en diferentes bases de datos que abarcan mais de 16 millóns de compostos, 11 millóns de reaccións e mais de 300 millóns de rexistros.
As tres universidades galegas a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, acordaron con Elsevier MDL unha proba gratuíta do produto ata o vindeiro 31 de decembro de 2005.
Vexa aquí como consultala:
Día: Mércores 23 de novembro
Hora: 11:30
Sitio: Aula Informática
Facultade de Química
Universidade de Vigo
Día: Xoves 24 de novembro
Hora: 10:00
Sitio: Aula de informática 3.40
Facultade de Química
Universidade de Santiago de Compostela
Web: Mais información
O vindeiro día 12 de xullo, terá lugar o acto de presentación do libro «Indicadores científicos de Galicia. ISI, Web of Science, 1990-2003» promovido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e publicado pola Dirección Xeral de I+D da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia
O traballo estivo dirixido por D. Félix de Moya Anegón, Catedrático e Vicerrector de Nuevas Tecnologías da Universidad de Granada, e realizouse por iniciativa do Consorcio Bugalicia, nun intento de contribuir á análise da situación, evolución e efectos das actividades de I+D en Galicia nas distintas áreas de coñecemento.
O acto terá lugar no CESGA, co seguinte programa:
As 10:30 h, conferencia co titulo ¿Poden as universidades mellorar a visibilidade das publicacións dos seus investigadores? impartida por D. Félix de Moya.
As 13:00 h, presentación do devandito libro, presidida polos tres reitores das universidades galegas e o Director xeral de I+D.
A»Web of Knowledge» é visitada polos usuarios españois en máis de 10.000 ocasións cada día. No primeiro cuadrimestre de 2004 o número total de consultas ascendeu a 908.000, mentres que no mesmo período deste ano superánrose xa as 1.470.000 consultas, seg
La Flecha.
Ata o momento, os usuarios visitaron a web en máis de cinco millóns de ocasións en total, segundo os datos presentados nunha xornada organizada no CSIC. Máis de 6.000 científicos, intelectuais, universitarios e investigadores participaron nos cursos impartidos pola FECYT, para conseguir un uso máis cualificado da «Web of Knowledge».
Nunha enquisa realizada ás máis de 600 empresas rexistradas, o 98,58 por cento das institucións que responden manifesta a súa satisfacción polos beneficios aportados polo acceso á web. Un 43 por cento a visita diariamente e un 33 por cento declara visitala alomenos unha vez por semana.
A «Web of Knowledge» é unha plataforma da empresa Thomson Scientific formada por bases de datos bibliográficas, citas e referencias de publicacións cientficas de calquera disciplina do coñecemento, tanto científico como tecnolóxico.
O vindeiro día 23 de xuño, a partir das 12:00, nas dependencias do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), se levará a cabo a presentación do libro «INDICADORES CIENTÍFICOS DE GALICIA (ISI, Web of Science, 1990-2003)».
O vindeiro día 23 de xuño, a partir das 10:00, D. Félix de Moya celebrará a conferencia «¿Pueden las universidades mejorar la visibilidad de las publicaciones de sus investigadores?» nas dependencias do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
As tres universidades galegas dende Xuño teñen acceso a Scopus, unha ferramenta de navegación que combina os contidos da propia base de datos (mais de 14.000 títulos) coa información procedente da web científica. Ofrece abstracts dende 1966, enlaces a todo tipo de referencias dende 1996, a posibilidade de configurar alertas, e a redirección ó texto completo.
Acceso:
Mais información en:
http://www.info.scopus.com/aboutscopus/documents/scopus_fb_spa.pdf
As Bibliotecas das tres universidades galegas, a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, poñen a disposición dos seus usuarios o catálogo da Produción Científica de Galicia, como ferramenta de busca e recuperación da investigación producida na nosa Comunidade Autónoma, dende 1990 ata a actualidade.
Este catálogo inclúe a produción científica tanto das Universidades, como de outros centros de investigación da Administración, do Sistema Sanitario e empresas situadas no ámbito galego.
Este proxecto ponse en marcha con máis de 20.000 artigos, extraídos da base de datos Web of Science, dos ámbitos de Ciencias Experimentais, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ensinanzas Técnicas e Humanidades.
Nesta primeira fase ofrecerase o acceso só ó texto completo dos artigos publicados polos nosos investigadores en revistas electrónicas actualmente subscritas a través do Consorcio e recollidas polo ISI.
Nunha segunda fase, este catálogo irase incrementando, na medida do posible, con toda a produción científica dos investigadores galegos tanto a través de enlaces ó resto dos artigos, recollidos ou non, nas bases de datos do ISI, como a diferentes documentos dixitalizados (teses, ponencias…), que nos axuden a conformar o escenario real da documentación científica de Galicia.
Este novo catálogo nace como ferramenta de apoio á investigación, ofrecéndonos información dos artigos, revistas nas que están publicados, clasificación das revistas, o seu Factor de Impacto, …. e coa pretensión de involucrar no seu desenrolo ós nosos investigadores, únicos artífices da produción científica de Galicia.
Poden acceder a través da URL:
Con data de 19 de maio de 2005, o Consello de Goberno do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia aprobou a Memoria de Xestión do ano 2004.
Pódese atopar na seguinte url:
http://www.bugalicia.org/asp/contenido.asp?idIdioma=1&idMenu=12