A Biblioteca Central da Universidade no campus de Vigo estreou onte unha nova versión da páxina web do catálogo, desenvolta en colaboración coa Sección de Coordinación e Proceso Técnico, a Sección de Hemeroteca e o Consorcio Bugalicia.


 


      Deste xeito mellórase a consulta ao catálogo e a outros recursos de información da Biblioteca, con este novo catálogo que pasa agora a denominarse “Perseo”, Provisión en liña de rexistros e servizos bibliográficos.


 


      De cara a facilitar e mellorar este servizo creouse un apartado de recursos electrónicos dende o que se pode acceder facilmente aos libros electrónicos e ás revistas electrónicas da Biblioteca. Do mesmo xeito, pódese tamén consultar o listado de teses realizadas na Universidade, e mellorouse o acceso ao rexistro do usuario facilitando, ao mesmo tempo, a creación do seu propio PIN, a posibilidade de gardar as estratexias de busca favoritas do usuario e complétase a mellorar coa incorporación dunha táboa de préstamo.


 


      Por outra banda, o catálogo de revistas-e da Biblioteca segue a ampliar os seus fondos, neste caso coa incorporación, ata finais de decembro e a xeito de proba, das revistas do Institute of Physics, IOP.

Ler máis   

O Presidente do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia e Vicerreitor de Investigación da Universidade de Vigo, D. Salustiano Mato de la Iglesia, fixo unha presentación de Bugalicia na Facultade de Humanidades da Universidade de Huelva, nunha mesa redonda dedicada exclusivamente á presentación dos consorcios españois e ós seus retos de futuro.

Ler máis   

Dentro dos cursos de Alfabetización Dixital organizados polo Centro Multimedia de Galicia, terá lugar unha sesión dedicada á presentación da aplicación GUICAT no que se desenrolará o catálogo colectivo das bibliotecas municipais de Galicia.


O calendario é o seguinte:


 



  • 24/09/2004 16:00 A Estrada

  • 1/10/2004 10:00 – 14:00. CMG (Santiago)

  • 1/10/2004 16- :20:00 FCS (Santiago)

  • 8/10/2004 10:00-14:00. FCS (Pontevedra)

  • 8/10/2004 16:00- 20:00 ETSET (Vigo)

  • 22/10/2004. 10:00-14:00. CGAI (Coruña)

  • 22/10/2004. 16:00- 20:00. BPMGG (Coruña)

  • 29/10/2004. 10:00-14:00. Redondela

  • 29/10/2004. 16:00-20:00. Ribeira

  • 12/11/2004. 10:00-14:00. APL (Lugo)

  • 12/11/2004. 16:00-20:00. Monforte

  • 19/11/2004. 10:00-14:00. Ourense

  • 19/11/2004. 16:00-20:00. Verín

 


Máis información dos curso na páxina web www.cmg.xunta.es

Ler máis   

A través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e o Consorcio ponse en marcha o catálogo colectivo para bibliotecas especializadas e de especial interese para galicia.

PINCHE AQUI PARA ACCEDER

Ler máis   

A través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e o Consorcio ponse en marcha o catálogo colectivo das bibliotecas municipais.

PINCHE AQUI PARA ACCEDER

Ler máis   

O vindeiro mes de xuño a Universidade de Granada e o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, firmarán un convenio de colaboración para a realización dun informe dos indicadores científicos de Galicia. A coordinación de dito estudo recaerá na Universidad de Granada.

PINCHE AQUI PARA ACCEDER

Ler máis   

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, firmaron un convenio de colaboración para a coordinación do proxecto de incorporación das bibliotecas públicas ó sistema de xestión Millennium da Xunta de Galicia. Esta coordinación será levada a cabo polo persoal do Consorcio de Bibliotecas.

PINCHE AQUI PARA ACCEDER

Ler máis   

Unha vez máis a cooperación bibliotecaria das tres universidades galegas deu os seus froitos no seu afán de prestarlle un servicio á investigación e ó desenvolvemento de Galicia. O resultado tradúcese nunha inversión conxunta para o 2004 cun valor superior ós 3.762.000€ (ó redor de 625 millóns, das antigas pesetas) en recursos electrónicos, dos cales 2.800.000 € vanse a dedicar íntegramente a novas suscripcións das revistas máis demandadas e citadas pola comunidade académica.

 
Dende o 1 de xaneiro do 2004, ós recursos electrónicos xa albergados en BUGALICIA (bases de datos referenciais e libros electrónicos), unese o acceso vía web a máis de 13.000 documentos científicos (revistas, normas,
procedementos,…) pertencentes ás editoriais máis prestigiosas do eido científico a nivel mundial. Entre elas atópanse: Elsevier, IEE, Kluwer, Springer, Wiley, Nature, Science Online e JSTOR.

Ler máis   

O Banco Mundial ofrece acceso a unha multitude de información a través das súas bases de datos electrónicas “online”: Os “Indicadores” sobre o “Desarrollo Mundial (World Development Indicators” – WDI); a “Financiación o Desarrollo Mundial (Global Development Finance” – GDF); e a Biblioteca Electrónica do Banco Mundial (World Bank e-Library).

 
A Biblioteca Electrónica do Banco Mundial contén unha completa colección de máis de 1.300 libros, informes e ademáis documentos, en formato PDF. Estos están publicados polo Banco Mundial, así como toda novidade tan pronto como se produza. Dispoñible dende fai máis de dous años, os “Indicadores” sobre o “Desarrollo Mundial”, ofrecen unha información única a máis de 550 indicadores sobre o desenvolvemento dende 1960. Por último, o financiamento sobre o “Desarrollo Mundial”, prevé máis de 200 indicadores sobre os fluxos de financeiros e a débeda externa de 138 países.

[ Biblioteca Electrónica del Banco Mundial]

[ Indicadores sobre el Desarrollo Mundial]

[ Financiación sobre el Desarrollo Mundial ]

Ler máis   

Science Online é unha das revistas más prestixioxas do mundo no eido científico. Science Online é una revista de publicación semanal. É editada pola American Association for the Advancement of Science (AAAS). Permite tamén consultar os resumos das novidades diarias que aparecen en Science Now. Science online está especializada nas áreas de Ciencia e Tecnoloxía (Xeral), Ciencias da Saúde e aparecen en Science Now

[ Acceder a Science Express ]

[ Acceder a Science Magazine]

[ Acceder a Science Now]

Ler máis