BioMed Central é unha empresa editorial adicada a suministrar acceso inmediato e gratuito a investigacións biomédicas exhaustivamente revisadas de máis de 100 revistas. Así, todos os artigos de investigación que se atopan nas revistas publicadas por BioMed Central están liña inmediatamente. BioMed Cental está adicada a asegurar un control de calidade eficiente e efectivo a través dunha revisión completa e estricta. Ademáis, BioMed publica unha amplia variedade de revistas e outros servicios, como las bases de datos seguintes:

[ Arthritis Research & Therapy ]
[ Breast Cancer Research ]
[ Critical Care ]
[ Faculty of 1000 Biology ]
[ Protein Structure and Function ]
[ Genome Biology ]
[ Current Reports]
[ Current Treatment Options]
[ Current Opinion in Drug Discovery]
[ Current Opinion in Investigational Drugs]
[ Current Opinion in Molecular Therapeutics]
[ Idrugs]
[ images.MD]

Ler máis   

A Biblioteca Central da Universidade de Vigo adquiriu un importante catálogo de recursos electrónicos que inclúen 1.880 títulos das revistas científicas máis prestixiosas de temática multidisciplinar, xunto con 12.000 documentos, de libre acceso para a comunidade universitaria.
 
A subscrición esténdese ás tres universidades galegas, e o acceso pódese verificar a través das direccións IP da Universidade, polo que non é preciso dispor de contrasinal específico ningún. A consulta destes títulos realízase a través da web da Biblioteca Universitaria ou ben a través do enlace E-Revistas da web do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia. Os títulos que se reciban en papel nas bibliotecas están igualmente accesibles dende o catálogo da Biblioteca Universitaria.

 
Os títulos das novas revistas abarcan todos os ámbitos do coñecemento e serán de grande utilidade para a comunidade universitaria en tarefas de investigación ou documentación. En total son sete paquetes diferentes que van dende os diversos ámbitos da Ciencia ata os das Humanidades. Deste xeito, a Biblioteca ofrece acceso ao texto completo de 436 títulos de revistas de Wiley InterScience sobre Ciencias da Terra e Medioambientais, Ciencias da Vida, Ciencias dos Materiais e Polímeros, Ciencias Sociais, Dereito, Economía e Empresa, Educación, Física e Astronomía, Informática, Enxeñería, Medicina, Matemáticas e Estatística, Psicoloxía e Química.
 
Ademais destes, 700 títulos de Kluwer online, revista de cobertura multidisciplinar con arquivo dende 1997. O mesmo período pódese consultar en Nature on line, unha revista especializada na Natureza con numerosos recursos de navegación, ben para a investigación coma para o lecer.
 
O paquete IEEE/IEL ofrece 740.000 documentos procedentes de case 12.000 publicacións, na súa maioría actas de congresos, normas ou publicacións periódicas do eido da Enxeñería eléctrica e electrónica, das Telecomunicacións e da Informática. Este recurso pódese consultar a texto completo dende o ano 1998, aínda que existen contidos datados en 1950.

Springer Link é outro dos títulos aos que se pode acceder: máis de 480 revistas a texto completo da editorial Springer con materias tan diferentes coma a Informática, a Enxeñería, as Xeociencias, a Medicina ou as Ciencias da Vida.

Para unha maior especialización está tamén Science Direct, máis de 1200 revistas das editoriais Elsevier, Pergamon, Excerpta-Medica, North Holland ou Academic Press dende o ano 1999.

Estas revistas abarcan temas diversos coma a Bioloxía, Física, Matemáticas, Química, Ciencias da Saúde, Tecnoloxía, Ciencias Sociais e Humanidades.

 
A derradeira das adquisicións da Biblioteca é JSTOR, un paquete de revistas con 239 títulos en dous volumes de Colección de Arte e Ciencias. Estas revistas falan de Ciencias Sociais e humanidades, Historia, Economía, Estudos Asiáticos, Clásicas e Arqueoloxía. JSTOR facilita o acceso á información retrospectiva, polo que non inclúe os últimos números das revistas.

O acceso aos textos completos dos artigos está almacenado ata as publicacións de entre hai 2 e 5 anos.

Ler máis   

CAS advirte que nos próximos días deixarán de funcionar as versións anteriores ás do 2004 do seu programa Scifinder Scholar. Se aínda non actualizou o seu sistema fágao agora, está dispoñible na web do Consorcio.

PINCHE AQUI PARA ACCEDER

Ler máis   
Publicado o 16-01-2004 en (Novidades do consorcio)

Este ano o Consorcio proporciona acceso á base de datos SABI vía web.

[ Acceder a SABI ]

Sabi incorpora ademais algunhas novedades a partires de Xaneiro de 2004

[ Ver novedades ]

Ler máis   
Publicado o 15-12-2003 en (Novidades do consorcio)

Seguindo coa política de desenrolo, Proquest incorporou nas bases de datos un potente traductor simultáneo que permitirá ós usuarios da base de datos dispoñer dos artigos en castelán.

Proquest é consciente das limitacións que ofrecen os traductores, sen embargo a inclusión de esta utilidade permitirá que os estudiantes utilicen a base de datos ó poder dispoñer dunha copia en castelán dos artigos.

Esta innovación foi clave para a difusión das bases de datos a texto completo entre as institucións académicas e os alumnos.

PINCHE AQUI PARA ACCEDER

Ler máis   

O Ministerio de Ciencia y Tecnología, encomendou á Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT, a posta a disposición da comunidade científica e tecnolóxica española do acceso a ‘Web of Knowledge’ da empresa ISI Thomson, como servicio público para todos os investigadores do sistema español de ciencia e tecnoloxía, a partires do 1 de xaneiro de 2004.

En consecuencia, a FECYT contratará a oportuna licencia e xestionará o procedemento de acceso para as Universidades, Organismos Públicos de Investigación, Centros Tecnológicos, Hospitales e demais institucións da I+D española.

Para mais información pulse
[ EIQUI ]

Ler máis   

As tres universidades galegas: A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia decidiron, de mutuo acordo, subscribirse para os vindeiros 3 años á colección completa de revistas electrónicas a texto completo da compañía WILEY. 436 títulos a disposición da comunidade universitaria vía internet.
[ ACCEDER Ó LISTADO DE REVISTAS ]

PINCHE AQUI PARA ACCEDER

Ler máis   

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia realizou a subscrición ó portal de Lexislación e Xurisprudencia IUSTEL, unha base de coñecemento Xurídico moi completa e de doada consulta.
[ ACCEDER Ó PORTAL ]

PINCHE AQUI PARA ACCEDER

Ler máis   

Debido á grande demanda que se produciu para este servicio de E-BOOKS no último trimestre do ano, o Consorcio de Bibliotecas aumentou a 20 o número de accesos concorrentes para as tres universidades galegas para a colección de libros de informática e tecnoloxía de SAFARI TECH BOOKS ONLINE.
[ VER LISTADO ]

PINCHE AQUI PARA ACCEDER

Ler máis   

[ Cambio efectivo a partir del 1 de enero de 2004 ]

A partires de Xaneiro de 2004, a base de datos ABI/INFORM Global (suministrada por Proquest), será reemplazada por Business Source Premier (a través de EBSCO).

Business Source Premier da acceso ó texto completo de aproximadamente 3.600 revistas específicas de negocios, incluindo o texto completo de preto de 1.050 publicacións de negocios intensivamente revisadas.

Ler máis