A loita contra a pandemia COVID-19 resaltou a importancia de compartir o coñecemento científico de forma inmediata e aberta entre a comunidade de investigación.

O CBUG se suma á declaración de REBIUN co resto de consorcios, grupos de compra, asociacións e institucións que, como suscitores de revistas para bibliotecas académicas, queren expresar que o coñecemento mundial é patrimonio da humanidade e que o mundo actual precisa que esté accesible de forma aberta e inmediata por parte de calquera persoa.

Os firmantes, xunto con BUGalicia, son: CRUE, BUCLE, CBUA, CSIC, CSUC, G9, Consorcio Madroño e Uniris.

E posible consultar a declaración integra en castelán en:

Versión en inglés:

Ler máis   

Acceso á colección seleccionada dos libros electrónicos de SPRINGER.

Dende o 27 de decembro de 2018 e ata o 30 de decembro do 2019, as tres universidades galegas tiveron acceso ás seguintes coleccións do editor Springer Nature Customer Service Center GMBH.

Tras a selección realizada conforme ó modelo EBS, accederase a 115 títulos de 11 coleccións temáticas, Business and Management, Humanities, Social Sciences and Law, Social Sciences, Religion and Philosophy, Economics and Finance, Business and Economics, Literature, Cultural and Media Studies, Behavioral Science, Education, Political Science and International Studies e  Behavioral Science and Psychology dos anos 2007 e 2009 e dende o 2010 ó 2018.

Os libros adquiridos poderase acceder a través do seguinte enlace:  http://sfx.bugalicia.org/bug/azbook/default?param_vendor_value=SpringerLink+-+AutoHoldings  

Ler máis   


Dende o día 10 de xaneiro de 2019 e ata o 10 de outubro de 2019, a comunidade universitaria tivo acceso á colección completa de libros electrónicos de Wiley Online Library, grazas ó acordo EBS suscrito coa editorial polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

Tras esta selección en 2019, xunto cos EBS do ano 2017 e 2018, accédese a 1.184 títulos de carácter científico, de 17 coleccións temáticas, Agricultura e Ciencia dos Alimentos, Arquitectura, Arte, Economía, Finanzas e Contabilidade, Química, Informática, Humanidades, Dereito, Ciencias da Vida, Matemáticas e Estatística, Medicina, Enfermaría, Físicas e Enxeñaría, Psicoloxía, Ciencias Sociais e do Comportamento.

Ós libros adquiridos poderase acceder a través do seguinte enlace:

http://sfx.bugalicia.org/bug/azbook/default?param_vendor_value=Wiley+Ebooks+%28AP%29

Ler máis   

O cambio a un novo Aranzadi será unha migración transparente, dende a misma URL dende onde a comunidade universitaria accede actualmente http://www.bugalicia.org/recursos/aranzadi/westlaw

Este novo Aranzadi simplifica a busca ó non existir pantallas intermedias de selección de contido e permitindo unha busca global simplificada.

O paso ó novo Aranzadi Instituciones permitirá como novidade ter acceso a:

  • Vídeos cunha exposición dos fundamentos de sentencias seleccionadas por Aranzadi.
  • Cadros comparativos de lexislación, con diferenzas entre preceptos legais.
  • Amplíase o acceso a tódolos expertos, que pasan a chamarse Índices Especializados:
    • Coa subscrición actual: Experto Fiscal, Experto Social, Experto Respuesta Local (só a parte de Administración Local)
    • Co paso ó novo Aranzadi Instituciones, súmanse ós anteriores:  Tráfico, Concursal, Experto Local completo (incluyendo además de Administración Local, Intervención y Tesorería, Experto Contrata y Urbanismo).
Ler máis   

Os investigadores do SUG teñen actualmente acceso a SciFinder Scholar, pero a partir do 1 de decembro poderán acceder ó novo SciFinder-n, pasando a acceder a unha nova interface máis sinxela e intuitiva, e a un aumento de contido.

 

En SciFinder-n hai máis posibilidades de busca, e os resultados amósanse por relevancia, pero o máis relevante é o contido adicionado que segue:

· Patenpak: ferramenta que permite localizar as sustancias clave dunha patente. Permite descargar a patente en formato PDF buscable, permitindo facer buscas textuais dentro da patente.

· MethodsNow Synthesis: protocolos sintéticos (reacións).

· Retrosynthesis: permite facer retrosíntese, é decir pedirlle a Scifinder-n que plantee unha ruta de síntese para a súa target (sustancia a sintetizar).

 

 

 

Ler máis   

O CBUG (Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia) ven de asinar un acordo de membresía con MDPI (Multidisciplinary Digital Publishing Institute).

Esta editorial académica que publica máis de 200 revistas científicas en formato electrónico, revisadas por pares, e de acceso aberto. Algúns dos seus títulos contan con factor de impacto en JCR.

Este acordo de membresía ofrece ós autores do SUG (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) un desconto do 15% nas taxas de publicación en todas as súas revistas.

Requirimentos para dispoñer do desconto:

  1. Rexistro e identificación:
    • É fundamental que os datos de filiación e o correo electrónico queden claros, tanto no rexistro como no envío do manuscrito, para que se poida aplicar o desconto do 15% nas taxas de publicación.
    • O autor principal, ou ben o autor de correspondencia, debe ser membro dalgunha das universidades do SUG.
    • Para ser recoñecidos como tal deben estar rexistrados cunha dirección de correo electrónico baixo algún dos dominios institucionais (@udc / @usc / @uvigo).
  2. Envío do artigo:
    • Unha vez rexistrado, o autor deberá facer o envío do artigo e marcar o nome da súa universidade no despregable de institución que se mostra para o envío online do manuscrito.
  3. Desconto no pagamento:
    • O desconto do 15% poderase aplicar seleccionando a institución participante no “Institutional Open Access Program” no momento da publicación do traballo. O prezo final reflectirase na factura que recibirá o autor.
    • Exemplo:
MDPI Exemplo de desconto
Exemplo de desconto do 15% na publicación de traballos en revistas de MDPI.

Mais información:

Ler máis   
Publicado o 22-10-2019 en (Novidades do consorcio)

O próximo luns 28 de outubro ás 12:00 IEEE realizará unha formación en liña que durará 40 minutos “ Maximizando su experiencia de investigacion con el IEEE Xplore Digital Library”

Programa:

– Introduction
– IEEE Xplore: The Digital Library for Engineering and Technology
– What does my IEEE Xplore subscription contain?
– How it will benefit me in my research?
– My work environment and its customization.
– Best practices for successful searches 
– Maximizing Advanced Search with IEEE Xplore
– Resources & Help
– Future Sessions

https://ieee.webex.com/ieee/onstage/g.php?MTID=e788ba52e093c3f320f9c0e1b36eb161f

Event number: 794 784 516

Event password: ExitoSiempre!

Ler máis   

Dende o 10 xaneiro e ata o 10 de outubro de 2019, as tres universidades galegas tiveron acceso á colección completa de libros electronicos de Wiley Online Library, grazas ó acordo entre esta editorial e o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia.

O acceso verase interrumpido para poder realizar a selección de títulos en acceso perpetuo para o ano 2019 baixo o modelo de adquisición baseado na evidencia EBS) no menor tempo posible.

Os usuarios poderán acceder, durante ese periodo de selección, ós 298 títulos adquiridos en 2017, e ós 395 títulos adquiridos en 2018, un total de 693 títulos, a través do catálogo da súa dúa biblioteca ou do xestor de enlaces SFX (Pórtico).

Unha vez realizada a nova selección informarase sobre acceso ós novos títulos.

Ler máis   

Este mércores día 15 de maio terá lugar unha sesión formativa do novo Refworks, máis información:

 

Dear RefWorks Colleagues,

Join Shalhevet Bar-Asher, Director of Product Management for RefWorks, fora special webinar to learn about the latest RefWorks  enhancements and an in-depth review of the 2019 roadmap! 

In this session we will:

  • Update on recent feature releases
    • Projects: for managing separate reference collections
    • Folders: public sharing
    • Improved experience for users with a proxy
    • Additional Citation Style Language (CSL) styles
    • Writing tool enhancements
  • Review the updated 2019 roadmap

Choose one of the below times and register today!

Wednesday May 15, 2019
6:00 AM ET
Register Here!

Wednesday May 15, 2019

1:00 PM ET

Register Here!

Ler máis   

O 27 e 28 de maio o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia acollerá o encontro dos Southern European Libraries Link (SELL).

Ler máis   
Localízanos na nosa web www.bugalicia.org ou nas redes sociais Facebook ou Twitter           |           BUGalicia é un servizo ofrecido polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia