A Mesa de Consorcios e Grupos de Compra españois, integrada por CBUG, CBUA, BUCLE, Madroño, CSUC, UNIRIS, G9, REBIUN e CSIC publicaron unha declaración conxunta na que evidencian o desafío económico que implicará nas súas institucións a crise da COVID-19 e o reto de manter no futuro os niveis de información científica que hoxe están a ofrecer.

A declaración establece:

  • As propostas para as renovacións de 2021 e anos seguintes deberán ter en conta un escenario de redución orzamentaria no sistema español de universidades e organismos de investigación.
  • As renovacións dos acordos actuais, tanto os consorciados como os que subscribe cada institución a nivel individual, deberán estar aliñadas con esta situación, polo que non poderán supoñer en ningún caso aumento de prezo.
  • As condicións económicas ofertadas deberán ser as mesmas para todas as institucións representadas.
  • A prol de manter o espírito de cooperación e obrigada transparencia desta Mesa, compartiremos as propostas dos provedores evitando aceptar condicións desiguais ou que non se apliquen na mesma medida ao resto de membros.