• O portal denomínase Pórtico e proporciona servizos adicionais, como acceder a textos completos, comprobar a dispoñibilidade da versión impresa na biblioteca, xestionar a petición dun exemplar, consultar o factor de impacto dunha publicación ou exportar citas bibliográficas a documentos.
  • A iniciativa xorde da cooperación entre os servizos bibliotecarios das tres universidades galegas máis o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia), e contou co financiamento da Dirección Xeral de I+D da Consellería de Innovación e Industria.

mini_logo_porticoA comunidade universitaria galega, dende un só portal web,  xa dispón dun novo servizo de busca simultánea e recuperación de información, que indaga nos recursos do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) combinados cos de cada unha das tres universidades.

A plataforma denomínase Pórtico e xorde froito da cooperación entre os servizos bibliotecarios do Sistema Universitario de Galicia (SUG) máis o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia co financiamento da Dirección Xeral de I+D da Consellería de Innovación e Industria.

Acceso a múltiples recursos de información

Unha das principais ferramentas da plataforma Pórtico é un metabuscador que lanza consultas sobre os recursos de información electrónica consorciados de Bugalicia ao mesmo tempo que nos propios dispoñibles de cada unha das universidades. Entre eles atópanse revistas, libros, bases de datos, catálogos bibliográficos, teses, patentes, normas, enciclopedias e dicionarios electrónicos, así como outros moitos en Internet, entre eles prensa electrónica ou boletíns oficiais.

Os recursos de información científica online contratados por Bugalicia cóntanse a día de hoxe en paquetes editoriais con arredor de 20.500 revistas electrónicas, incluidas as máis prestixiosas en cada área científica; 4.000 e-books, case medio cento de bases de datos con acceso, á súa vez, a milleiros de revistas a texto completo e máis de 10.500 actas de congresos ou estándares, que son elementos de consulta indispensable nas enxeñerías.

A biblioteca dixital

A plataforma Pórtico proporciona servizos adicionais, como o xestor de enlaces SFX, unha aplicación que integra compoñentes da biblioteca dixital mediante unha xeración dinámica de enlaces. Esta ferramenta permite, logo da busca, obter o texto completo sempre que estea dispoñible, comprobar se a biblioteca dispón dunha versión impresa. E ao mesmo tempo fai posible a súa solicitude a través do servizo de préstamo interbibliotecario.

A maiores podemos consultar o factor de impacto das revistas consultadas, unha variable que indica a relevancia  internacional das publicacións; acceder a táboas de contidos ou resumos ou buscar outros documentos do mesmo autor.

Tamén é posible  exportar citas bibliográficas das consultas realizadas a Refworks, un sistema moi útil en especial para investigadores, científicos, ou docentes que estean elaborando un artigo para unha revista científica e teñen que cumprir unhas normas moi específicas de citación bibliográfica, que este sistema xa resolve automaticamente.

Aforro de operacións de documentación e consulta

A virtude de Pórtico é que todos estes servizos se realizan dentro dun mesmo menú, cando antes había que acudir a diferentes páxinas webs, de xeito que os usuarios gañan tempo nas súas operacións de aprovisionamento de información e outros servizos.

A plataforma Pórtico está concibida para complementar e aportar valor engadido, nunca para substituír, a consulta sobre as plataformas especializadas.

É especialmente útil para un achegamento xeneralizado e de conxunto á información que nos interesa sobre un área de coñecemento determinada e que podemos atopar entre os recursos do Consorcio e simultaneamente sobre os de cada unha das universidades, a un tempo. A posteriori o usuario xa pode derivar nunha busca máis detallada recorrendo ás plataformas especializadas.

Ao día nas tecnoloxías da información

A implantación de Pórtico permite a todas as bibliotecas universitarias de Galicia manterse ao día na implantación das novas tecnoloxías da información para fornecer os servizos bibliotecarios que se prestan a toda a comunidade universitaria, para os cales o acceso electrónico á información nas mellores condicións é vital para as súas actividades científicas, docentes e de formación.


Pórtico - Metabuscador

Pórtico - Metabuscador

Pórtico - Xestor de enlaces

Pórtico - Xestor de enlaces


Ler máis   
  • O investimento en recursos electrónicos de información científica ascende a 765 euros por investigador en 2009.
  • O obxectivo do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia é favorecer a produción científica que se desenvolve en Galicia a través da cooperación interbibliotecaria das tres universidades.
  • Bugalicia investiu unha media de 3,6 millóns de euros anuais en información científica on line entre 2002 e 2008, e desenvolve estudos da produción científica para adaptar os recursos de información ás liñas de investigación do Sistema Universitario de Galicia.
  • En 2008 houbo medio millón de consultas nas bases de datos, máis de 700.000 descargas de e-revistas, 2.000 de e-books e máis de 20.000 consultas de estándares e actas de congresos.

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) recibirá durante o ano 2009 unha achega de 4.930.324 euros procedentes da Xunta e das tres universidades galegas destinados á contratación de recursos electrónicos dirixidos, fundamentalmente, á comunidade científica das tres universidades galegas, docentes universitarios e estudantes de terceiro ciclo.

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias «ten como obxectivo fundamental o apoio continuo aos servizos bibliotecarios das tres universidades galegas, a través da cooperación interbibliotecaria. O seu propósito é favorecer a produción científica que se está a desenvolver en Galicia, poñendo a disposición dos estudantes, docentes e investigadores unha útil ferramenta tecnolóxica, como é o acceso a través da rede a un alto número de recursos electrónicos de información científica», afirma a súa directora técnica, Victoria Millor. Estes recursos son, fundamentalmente, bases de datos, revistas e libros electrónicos, xestores bibliográficos e ferramentas para potenciar a publicación dos investigadores das universidades galegas en revistas de alto factor de impacto.

O orzamento do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia ascende en 2009 a 5,1 millóns de euros, dos cales, 3,2 proceden do esforzo inversor das tres universidades galegas, destinado, na súa práctica totalidade, ao acceso á información científica a través da rede. Pola súa banda, o Goberno galego achega 1,9 millóns de euros na presente anualidade, dos que 1,3 proveñen da Dirección Xeral de I+D+i; 595.550 da Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Consellería de Educación); e 60.000 da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural (Consellería de Cultura). O Centro se Supercomputación de Galicia, CESGA, proporciona o soporte tecnolóxico.

Cooperación igual a máis capacidade e recursos

O esforzo conxunto da cooperación interbibliotecaria universitaria e da Xunta de Galicia a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias tradúcese nun investimento de 765 euros per cápita durante o ano 2009, é dicir, entre cada un dos 6.441 investigadores adscritos na actualidade ao Sistema Universitario de Galicia.

Victoria Millor asegura que froito desta cooperación xurde unha das actividades fundamentais do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, Bugalicia, «como é a negociación conxunta de contratacións de interese común ás tres universidades coas editoriais provedoras de información científica na rede, como grupos de revistas, entre as que se atopan as máis prestixiosas a nivel internacional», engadindo que «o feito de que o Consorcio actúe como un único interlocutor para as tres universidades proporciona máis capacidade negociadora, multiplica o número de recursos con prezos máis competitivos e minimiza a burocracia e os riscos das operacións».

O acceso aos recursos on line de información electrónica exténdese a toda a comunidade universitaria, dende as propias bibliotecas dos campus universitarios, por exemplo, aínda que son os propios investigadores adscritos a un departamento e o persoal docente e estudantes de terceiro ciclo os principais usuarios e destinatarios destes recursos.

Máis de 20.500 e-revistas, 4.359 e-books e medio cento de bases de datos

Na actualidade a comunidade científica universitaria galega ten acceso a múltiples bases de datos, libros e revistas electrónicas froito dos recursos consorciados, que manteñen cubertos todos os ámbetos de coñecemento con amplitude.

Hoxe o volume de revistas electrónicas accesibles grazas a Bugalicia ascende a 20.673 títulos a texto completo, que se suman aos 4.359 libros da biblioteca on line e preto de medio cento de bases de datos referenciais, 46 en total. Así mesmo, tamén se proporciona outro tipo de material a través da rede, como 10.517 actas de congresos e os denominados estándares, elementos de consulta indispensable no eido das enxeñerías.

Así mesmo, Bugalicia proporciona e mantén ferramentas de xestión bibliográfica dixital como Refworks, que permite a toda a comunidade universitaria (actualmente xa hai 9.320 contas abertas), almacenar unha base de datos persoal de investigación, intercambiar investigacións con colegas e descargar bibliografías en diferentes formatos dacordo ás esixencias das diferentes publicacións. Ademais de proporcionar mecanismos de investigación, ao profesorado tamén lles permite dotar de acceso de só lectura ás bibliografías relacionadas cun curso.

Racionalización do investimento

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia leva investido entre o ano 2002 e 2008, ambos os dous incluidos, unha media anual de 3,6 millóns de euros na adquisición e ampliación de recursos de información científica on line, aos que antes se accedía en papel íntegramente. «A universidade de Santiago tiña unha sala habilitada sóamente para a consulta en papel do Chemical Abstracts, unha publicación que era consultada por científicos de todo o estado, que se desplazaban a Santiago. Agora os nosos investigadores téñena a man a través do seu ordenador, no seu despacho. Por iso, identificamos o nacemento de Bugalicia co xurdimento do uso da información electrónica e das novas tecnoloxías», explica Victoria Millor.

A directora técnica de Bugalicia, indica que a traxectoria de Bugalicia está sustentada pola racionalización e adecuación dos recursos ás necesidades da comunidade científica universitaria galega: «Unha parte fundamental da labor do Consorcio é a racionalización de todos os recursos que proporciona, adecuándoos ás liñas de investigación do Sistema Universitario de Galicia, a través do estudo pormenorizado e continuado da produción científica dos seus investigadores, que entendemos e que desenvolvemos como unha das principais liñas do noso traballo».

As máis consultadas

As estatísticas de uso, tomadas proporcionalmente ao número de investigadores de cada área, son un importante indicador para as sucesivas contratacións de bases de datos e revistas electrónicas, fundamentalmente, que orientan una xestión eficiente dos recursos postos a disposición da comunidade investigadora das nosas universidades.

Os últimos datos, relativos a 2008, indican que os usuarios dos recursos realizaron máis de medio millón de consultas sobre as bases de datos contratadas polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia. Da Universidade de Santiago de Compostela proceden máis da metade das consultas, mentres que de Vigo chega o 32% e da Coruña o 13,90%.

Polo que respecta á consulta de e-revistas, ao longo de 2008, producíronse máis de 700.000 descargas de artigos a texto completo. A universidade compostelá acumula o 55% das consultas, seguida de Vigo co 28% e da Coruña co 16%.

En relación ás descargas a texto completo de libros foron case 2000. Polo que respecta ás consultas de estándares ou actas de congresos de enxeñería, acumuláronse 21.482. Vigo realizou o 57% das consultas, a Universidade da Coruña o 18% e, finalmente, Santiago o 15%.

Ler máis   
  • Entre 2002 e 2007 publicáronse 1.200 documentos, dos cales 582 foron artigos derivados da actividade de cálculo desenvolvida no CESGA polos usuarios autorizados.

A produción científica dos investigadores usuarios do Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, que fomenta, difunde e presta servizos de cálculo, ao servizo das comunidades investigadoras galegas e o CSIC, concretouse na publicación de 582 artigos de investigación publicados en revistas con factor de impacto, sendo no 73.20% dos casos, revistas tipo A, é dicir, as que gozan de maior consideración na comunidade científica internacional. Así se desprende do «Estudo da produción científica declarada polos usuarios do Centro de Supercomputación de Galicia entre os anos 2002 e 2007», elaborado polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia coa finalidade de recoller e normalizar todos os traballos de investigación publicados como resultado do uso tecnolóxico que ofrece o CESGA.

A publicación dunha investigación representa unha das fases primordiais para poñer en valor un traballo científico, un xeito de compartir coñecementos co resto da comunidade científica, transferilo e rendibilizalo socialmente e, polo tanto, é unha medida da utilidade que as infrastruturas xestionadas polo CESGA representan para os seus usuarios, que son, fundamentalmente investigadores do Sistema Universitario de Galicia (SUG), do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e, puntualmente, doutras institucións.

Estes 582 artigos de investigación viron a luz en 195 revistas aparecidas, na súa maioría, no Journal Citation Report (2006), un repertorio de revistas con factor de impacto recollidas nas bases de datos de Thompson-ISI, o Institut for Scientific Information, que ofrece servizos de bibliografía e está especializado na análise de citación das publicacións. Moitos investigadores prefiren publicar os seus artigos en revistas cubertas polas bases de datos do ISI polo prestixio, visibilidade e impacto que se lles atribúe na comunidade investigadora internacional. Por outra banda, só un 7,2% dos artigos elaborados polos usuarios do CESGA se publicou en revistas que non están clasificadas no JCR.

Polo que atinxe ao crecemento no número de artigos publicados en revistas tipo A derivados da actividade dos usuarios do CESGA, cómpre indicar que foi un ascenso continuado no período de análise. Así entre o 2002 e o 2007, ambos incluidos, publicáronse 38, 55, 53, 78, 85 e 117, respectivamente.

Aquelas revistas nas que os investigadores conseguiron publicar artigos froito do resultado do cálculos nos supercomputadores do CESGA e que contan cun mellor factor de impacto son: Chemical Reviews (fi=26,054), Trends in Ecology&Evolution (fi= 14,125), ou Angewantdte Chemie-International Edition (fi=10,232).

A produción científica declarada polos usuarios do CESGA está asinada por un total de 330 autores, usuarios rexistrados do servizo. Do total de traballos, 514, o 75%, son artigos que viron a luz foron froito da colaboración, en moitos casos internacional, é dicir, estaban asinados por varios autores, dando idea de cómo os recursos do CESGA se insiren nunha rede maior e multiplican o alcance dos seus servizos chegando a favorecer o intercambio con comunidades científicas doutras partes do mundo.

Ademais dos artigos en revistas, os cálculos feitos nos supercomputadores do Cesga víronse tamén reflectidos nun número total de 1.200 documentos, entre os que se inclúen numerosas presentacións de ponencias e pósters en congresos nacionais e internacionais (438) e na realización de 78 teses, repartidas entre as 20 da UDC, as 29 da USC, as 10 de UVigo e 19 doutras universidades de fóra de Galicia.

Respecto ás areas do saber foron as ciencias puras e as exactas as que produciron maior número de artigos. Así materias como Physics, Atomic, Molecular&Chemical; Schemistry PHisical; Chemistry,Organic; Chemistry, Multidisciplinary; Physics, Condensed Matter foron sobre as que versaron máis publicacións co seguinte número de artigos respectivamente: 164, 136,88,64,36.

Medir a visibilidade do CESGA

O estudo da evolución do Centro de Supercomputación de Galicia a través das publicacións científicas dos seus usuarios empregou unha serie de criterios para avaliar a contribución ao coñecemento científico que inclúen o número de documentos científicos producidos nun período dado, o número de veces que estas publicacións son citadas noutros documentos, as revistas nas que se publica, os autores cos que colaboran, a visibilidade dos traballos plasmada a través do Factor de Impacto das revistas especializadas onde publican, entre outros.

Na actualidade, «os indicadores bibliométricos, baseados nas análises das publicacións científicas, trunfan institucionalmente sobre outros posibles indicadores á hora de establecer a cantidade de produción científica dun equipo de investigación ou dunha institución, por exemplo». Son indicadores «que se perfilan como os máis idóneos para observar o impacto ou a visibilidade causada por un traballo científico calquera a partir da literatura científica e tecnolóxica publicada», admite o equipo de elaboración do estudo, composto por Victoria Millor, directora técnica de Bugalicia, a documentalista Mar Rego e a informática Valme Cid.

Investigacións de Bugalicia

O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, Bugalicia, realiza unha labor de investigación propia orientada a coñecer a cantidade e visibilidade dos traballos da comunidade investigadora galega e dos seus científicos, a través da difusión nas publicacións especializadas de referencia. A ferramenta empregada nos seus estudos e informes é a bibliometría, unha disciplina relacionada co estudo cuantitativo das publicacións científicas, que permite coñecer a estrutura, a dinámica e a evolución da actividade científica.

O estudo da literatura científica producida é imprescindible para determinar o
impacto, a influencia e a visibilidade da nosa investigación, tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras e aporta argumentos útis para o deseño das liñas dunha estratexia específica do noso sistema científico.

A día de hoxe, o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia ten realizado diversos estudos e informes sobre a produción científica do Sistema Universitario Galego e doutras institucións, como o propio CESGA. O punto de partida foi o desenvolvemento da publicación Indicadores Científicos de Galicia- ISI, Web of Science 1990-2003, xurdida da iniciativa por promover unha análise do estado da investigación en Galicia a través dun estudo de indicadores científicos coa finalidade de coñecer a situación actual e a súa evolución dende o ano 1990, e que se actualiza todos os anos ata o presente 2008. A fonte orixinal para elaborar os indicadores bibliométricos foi a Web of Science, un produto do Institute for Scientific Information, onde están disponibles as bases de datos que recollen as revistas máis prestixiosas do mundo a nivel científico. No 2008 incorporouse a base de datos Scopus, outro dos referentes nos estudos bibliométricos.

A dirección para acceder ao estudo é a seguinte:

http://www.bugalicia.org/adxuntos/estudos/PC_usuariosCESGA_2002-2007.pdf

Ler máis   

SwetsWise Metadata es el servicio de sumarios de Swets que le permite dar visibilidad a sus suscripciones y a ayudar a sus usuarios a encontrar aquello que están buscando en todas sus suscripciones en papel.

Nuestro catálogo de sumarios cubre más de 20.000 publicaciones e incluye más de 26 millones de artículos.

A través de los sumarios de Swets, podrán ofrecerles a sus usuarios acceso a su catálogo entero o bien a aquellos temas que les parezcan de más interés y/ utilidad. Cualquier biblioteca o Centro de Documentación e Información pueden disponer de SwetsWise Metadata, no sólo, sino que se adecua a las necesidades de cada entidad, independientemente de su tamaño o disciplina. Lo importante es ayudar al usuario en sus búsquedas y dar visibilidad a todos los artículos y revistas de su colección.

SwetsWise Metadata dispone de paquetes específicos según temática:

  • General (4274 títulos)
  • Law (1427 títulos)
  • Medicine (4972 títulos)
  • Science (4395 títulos)
  • Social Science (8049 títulos)
  • Technology (5676 títulos)

Aunque también dispone del Archivo completo de sumarios -que incluye toda la colección de sumarios de Swets, la mayor existente en el mercado-; sumarios de revistas exóticas y sumarios para números antiguos de revistas.

Swets se complace también en anunciarles que ha modernizado y adaptado a las necesidades de los clientes los formatos de SwetsWise Metadata. Así, podrán encontrar sumarios en los siguientes formatos:

  • Xml (Onix -srn)
  • SGML
  • Comma Delimited
  • PICA
  • Text
  • Swets Fixed Format
Ler máis   

As case 50 revistas da editorial American Chemical Society subscritas polo Consorcio intégranse nunha nova plataforma co fin de mellorar as ferramentas e recursos cara o usuario final.

Pódese acceder ós contidos a través da seguinte url: http://pubs.acs.org/action/showPublications?display=journals

Ler máis   

EBSCO Publishing

Dear EBSCO Customer,

In response to feedback from our customers, we have added several enhancements to the recently redesigned EBSCOhost interface. Below is a summary of the new features now available:

  • A new Image Quick View limiter replaces the Articles With Images limiter
  • The Image Quick View limiter includes multiple sort options by image type. Can I limit my EBSCOhost search results to articles that have Image Quick View available? (http://support.epnet.com/knowledge_base/detail.php?id=4207) Can I set the Image Quick View limiter to display under Limit your results on the EBSCOhost Result List screen? (http://support.epnet.com/knowledge_base/detail.php?id=4206)
  • Direct link to the Basic Search Screen from both the Basic and Advanced Search Screens
  • Keyword renamed New Search
  • Result List mouse over text changed from Refine Search to Search Modes and Limiters
  • Entire phrase for cited references on Result List replaces the number of references in parentheses
  • Search mode specified on Result List green bar
  • Search History View Results anchor positioning improved
  • Date Slider Bar with original search date ranges How do I use the Date Slider feature in EBSCOhost? (http://support.epnet.com/knowledge_base/detail.php?id=3873)
  • Additional Help link added to Choose Databases Screen
  • Publication name and date added to NewsBank results

EBSCOadmin has been updated to provide library administrators with automatic advance notification when the login used to access EBSCOadmin is about to expire.

Visit EBSCO»s Support Site to learn about new features, search among thousands of FAQs, download Flash tutorials, Help Sheets or User Guides, or communicate with Technical Support at any time, using the EBSCO Support Form.

Ler máis   

Refaware estará dispoñible para as tres universidades galegas dende o 13 de novembro ó 13 de decembro.

Trátase dun servizo complemento de Refworks, xestor de referencias bibliográficas que xa se a topa ó dispor das bibliotecas universitarias, cuxa finalidade é ser un servizo de alerta para o usuario das novidades en máis de 8.000 publicacións.

Funciona a través do correo electrónico para usuarios que xa estén dados de alta en Refworks que recibirán a información correspondente no mesmo.

Ler máis   

[DOC6] UN INNOVADOR SERVICIO DE DIFUSIÓN SELECTIVA DE LA INFORMACIÓN

¿Sabe como sus investigadores, profesores y estudiantes de Posgrado están al día en su especialidad?

¿Le gustaría ofrecerles una solución única y multidisciplinar que se integre con el gestor de enlaces OpenURL (SFX, etc.) y con el gestor bibliográfico (RefWorks, etc.)?

¿Le gustaría saber cómo este recurso puede ser personalizado para las necesidades especificas de sus usuarios?

RefAware es un moderno servicio de difusión selectiva de la información para los miembros de la comunidad universitaria y científica para acceder a las últimas novedades dentro de su ámbito de conocimiento e investigación.

Beneficios de RefAware:

  • Solución práctica: diseñada específicamente para investigadores, profesores, estudiantes, etc. para mantenerse al día en su especialidad con menor esfuerzo.
  • Frecuencia de actualización: RefAware consulta constantemente y directamente en las diferentes fuentes de información (24/7).
  • Cobertura: RefAware cubre actualmente más de 8,000 fuentes – principalmente revistas de alto nivel de impacto en cada disciplina.
  • Producto dinámico: nuestros clientes pueden solicitar la adhesión de nuevos títulos de revistas para su institución y nuevas funcionalidades.
  • Valorización: Mediante su modulo de estadísticas, permite como en RefWorks, un cálculo claro del uso de Refaware a lo largo del año.

Características de RefAware:

  • Constantemente hace actualizaciones en la Web de sus búsquedas a través de las fuentes disponibles.
  • Dispone de un sistema de alerta de correo electrónico para recibir automáticamente las actualizaciones de información a través de las notificaciones, que se pueden configurar para recepción diaria, semanal o mensual.
  • Una vez recibida la información, el usuario puede exportarla a su gestor de referencias bibliográficas: RefWorks, EndNote, Reference Manager, etc.
  • Cubre más de 8 000 «peer-reviewed journals» y otras fuentes de información. Utiliza la tecnología RSS para ofrecer en cada búsqueda los resultados de las revistas científicas con mayor factor de impacto de cada disciplina.
  • Cada usuario puede crear hasta 20 búsquedas por autores, palabras clave o por títulos de revistas dentro del ámbito de su investigación.

Quién puede beneficiar RefAware:

  • Investigadores: para estar siempre al día de lo publicado en su área de investigación.
  • Estudiantes de Posgrado: obtener información reciente para sus trabajos de tesis.
  • Profesionales de biblioteca: para apoyar sus servicios de información selectiva.
Ler máis   

[Westlaw] O Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia pon en proba para as tres universidades galegas:

O Práctico de Urbanismo de Westlaw, ó que se accederá a través da plataforma Westlaw Encuentra (ó igual que o resto de módulos de Westlaw) e a Westlaw Contrata, ó cal se accederá dende AQUI

Dispoñible dende o 6 de novembro ata o 19 de decembro

Ler máis   

Emerald Group Publishing Limited

¿Le gustaría acceder al contenido de series de libros y revistas digitales integradas en una única plataforma online?


 


¡Incremente el patrimonio de su biblioteca con las e-book series de Emerald!


 


En 2007 Emerald Group Publishing ha adquirido de Elsevier más de 200 series de libros sobre temas de gestión, negocios y ciencias sociales. Hemos integrado estos nuevos títulos en nuestra plataforma online y ahora estamos encantados de ofrecerle dos nuevas colecciones de e-book series de Emerald:


 


» La colección de Business, Management and Economics incluye 63 títulos, con 6 nuevas adquisiciones en el 2009; en total son más de 3.500 capítulos publicados en 371 volúmenes.
» La colección de Social Sciences incluye 39 títulos con 2 nuevas adquisiciones en el 2009; los usuarios pueden acceder a 210 volúmenes con más de 2.000 capítulos en total.


 


Ventajas:


 


» Ahorre tiempo – el poder hojear el contenido y hacer búsquedas integradas significa que los usuarios pueden consultar revistas y series de libros simultáneamente y sin límite de descargas o restricciones de uso.


» Ahorre dinero – las colecciones de series de libros incluyen más de 500 volúmenes y 5.000 capítulos con por lo menos 80 nuevos volúmenes añadidos cada año (en total 800 nuevos capítulos).

Ler máis