FECYT

Thomson Reuters nos anuncia la puesta a disposición dentro de la plataforma WOK de una prueba de Biosis Previews y Zoological Record desde hoy lunes 13 de octubre hasta mediados de diciembre. Para poder acceder a estas bases de datos, pueden hacerlo desde la misma plataforma entrando igualmente desde nuestro portal http://www.accesowok.fecyt.es

Estas bases de datos en prueba, no están incluidas dentro de la licencia Nacional. Las entidades que tras este periodo de prueba estén interesadas en suscribirse, deben de contactar directamente con Thomson Reuters sonia.guadagnino@thomsonreuters.com

Ler máis   
  • A USC lidera a produción matemática de Galicia.
  • O profesor da USC, Juan José Nieto Roig, na elite matemática mundial.

A produción científica matemática de Galicia cuantificouse nun millar de documentos, 998 en total, publicados nas revistas máis prestixiosas do mundo entre os anos 1990 e 2005, segundo revela o estudo «A produción matemática en Galicia», elaborado polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia-Bugalicia.

Este estudo traballa coas bases de datos de Thomson-Scientific das que se sorte o Ránking Iberoamericano de Institucións de Investigación, unha aplicación que forma parte do proxecto Atlas da Ciencia, elaborado polo Grupo Scimago da Universidade de Granada, mediante o cal é posible coñecer a produción científica en volume de documentos publicados polas institucións españolas máis prolíficas no eido científico.

Datos extraídos deste Ránking indican que Galicia xera o 6,2% do total da produción matemática de España. Á súa vez, España é o quinto país da Europa Occidental que máis documentos matemáticos publicou, 18.711 en total, segundo unha prospección realizada sobre a base de datos Scopus, que recolle un grande volume de publicacións científicas de recoñecido prestixio mundial. Polo tanto, a produción matemática galega tamén se sitúa nunha posición avantaxada no contexto internacional.

O Sistema Universitario Galego é o motor que está a propulsar a produción matemática da nosa comunidade autónoma, case en exclusiva, aínda que hai outras institucións que publican documentos sobre esta materia pero de menor rango pola súa cantidade, impacto e potencial científico.

As Matemáticas acaparan unha parte significativa da produción científica desenvolvida en Galicia, xa que se sitúa no posto número 11 das 24 áreas temáticas nas que se distribúe o coñecemento, segundo a división que realiza a Axencia Nacional de Avaliación e Prospección. A Matemática en Galicia está por riba doutras materias de interese como a Informática e a Tecnoloxía, as Telecomunicacións, a Electrónica, a Psicoloxía e a Filosofía, a Arquitectura e Enxeñería Civil, as Ciencias Sociais, a Aeronáutica, a Economía, a Arte e Historia ou o Dereito.

A produción matemática galega mantivo un ritmo de crecemento ascendente e continuado durante o período de estudo comprendido entre os anos 90 ó 2005, coa excepción dos anos 93, 99, 2001, 2004 e 2005, nos que o número de documentos publicados experimentou un descenso con respecto a anos anteriores. Nembargantes, dunha cifra inicial de 20 documentos rexistrados en 1990, chegouse ós 105 producidos ó longo de 2005. Nesta etapa houbo anos de especial intensidade editorial como o 2003, no que se publicaron 115 documentos.

A USC lidera a produción matemática das universidades galegas

A Universidade de Santiago de Compostela é a punta de lanza da produción matemática da comunidade por número de documentos producidos, vencellados á licenciatura nestes estudos, ó seu persoal docente e investigador, e máis ós investigadores do programa Parga Pondal e alumnos de terceiro ciclo dos departamentos de Álxebra, Análise Matemática, Estatística e Investigación e Matemática Aplicada.

Do milleiro de documentos producidos en Galicia a institución académica compostelana publicou 661, moi por riba das demáis universidades galegas. Esta cifra consegue aupar a universidade compostelana ó posto número 11 entre as 40 institucións que encabezan o ránking universitario español na área matemática.

Aínda que a situación de partida é vantaxosa con respecto ás universidades da Coruña e Vigo pola superioridade da súa produción, a evolución interanual da produción científica sofre máis altibaixos que estas dúas. Prodúcense descensos no número de publicacións respecto ós anos precedentes, en 1993, 1994, 1999, 2001, 2004 e 2005, e que lastra a produción xeral da comunidade. NO 2003, rexistráronse 83 documentos publicados, a cifra máis alta de todo o período analizado. A partires deste momento o descenso foi continuado durante os dous anos seguintes, regresando a valores semellantes ós rexistrados no ano 98.

A Universidade de Vigo, a través dos departamentos de Matemáticas, de Estatística e Investigación Operativa, adscritos á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais; dos departamentos de Matemática Aplicada I e de Matemática Aplicada II, adscritos á Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións, conseguiu publicar 334 documentos. Con esta cifra a entidade académica viguesa sitúase no ecuador do ránking das institucións universitarias na área matemática, ocupando o posto 21 de 40.

No punto de partida do estudo, o ano 1990, a produción de documentos da universidade viguesa sobre matemáticas reducíase a un, nembargantes foi incrementándose de xeito constante e regular en porcentaxes de crecemento próximas ó 50% ano a ano. Pero o 2001 constitúe un punto de inflexión, un receso na carreira ascendente e a produción sofre unha caída, rexistrando 18 documentos con respecto ós 33 do ano precedente. No 2002 a produción recupérase, rexístranse 36 publicacións, unha cifra próxima ós 40 documentos publicados en 2005, ano que pecha este período de estudo.

A Universidade da Coruña, mediante o departamento de Matemáticas da Facultade de Informática, acada os 154 documentos, o que o sitúa no posto 32 do ránking das mellores institucións investigadoras matemáticas. Malia que non consegue destacar en números absolutos, o incremento no número de artigos é constante para manter a súa presenza nas bases de datos de Thomson-ISI. A produción no ano 2005, no que se contabilizaron 23 documentos, nada ten que ver coa situación de partida, no ano 93, cando se publicou un só documento.

Colaboración internacional

Tamén a Universidade de Compostela mantén o índice de colaboración internacional máis elevado de toda Galicia na publicación de estudos e traballos matemáticos. Dos 661 documentos, 247 foron elaborados xunto con departamentos doutras institucións extranxeiras, polo que a colaboración internacional representa un 37% do traballo publicado. Os países cos que traballou maís a man esta institución académica foron por orde de importancia Estados Unidos, Francia, Chile, Turquía, Alemaña, Holanda, Italia, Bélxica, Portugal, A República Chinesa, entre outros. Á súa vez, as institucións internacionais coa que se entablou maior relación foron coa Universidade chilena de Concepción, e coa universidade francesa de Persignan.

A Universidade de Vigo acada unha porcentaxe de colaboración internacional do 24%. En cifras absolutas son 83 artigos dunha produción total de 334. O país á cabeza desta cooperación é Bélxica, seguido de Estados Unidos, Chile, Francia, Xeorxia, Portugal, Ucraína, Poloña ou Australia.

A Universidade da Coruña contabiliza 45 documentos feitos en colaboración dun total de 154. Francia, Chile, USA, Bélxica, Reino Unido, Argentina e Alemaña son os estados cos que cooperaron en maior número de ocasións.

O profesor da USC, Juan José Nieto Roig, na elite matemática mundial

Juan José Nieto Roig, director do Instituto de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela e profesor da Facultade de Física desta Universidade, onde tamén cursou os seus estudos figura na elite matemática mundial como editor, entre outras publicacións, do Journal of Mathematical Analisis and Applications, unha das revistas máis recoñecidas nesta área.

A área matemática de traballo do profesor Roig son as ecuacións diferenciais e a súa aplicación a diferentes ámbitos da ciencia e da tecnoloxía como a física, a bioloxía ou a medicina, entre outros.

Foi o impulsor da candidatura gañadora de Santiago como sede do Instituto Español de Matemáticas, fronte a comunidades como Andalucía, Madrid ou Cataluña.

No contexto galego, o profesor Roig, encabeza o ránking dos matemáticos que maior produción científica por número de artigos, en total 87. Tras del figuran nomes tamén vencellados á Universidade de Santiago coma Alberto Cabada-Fernández, con 68 artigos publicados, Wenceslao González Manteiga, con 64 artigos; Alfredo Bermúdez de Castro, con 67; ou Rodrigo López-Pouso, con 30.

Na nómina de autores máis produtivos da área de matemáticas procedentes da Universidade de Vigo figuran Eduardo Liz-Marzán, Eduardo Godoy Malvar e Iván Carlos Area Carracedo, con 41, 36 e 31 artigos publicados, respectivamente.

Respecto aos investigadores vencellados á Universidade da Coruña destacan Carlos Vázquez Cendón, Ricardo Cao Abad, con 32 e 28 documentos respectivamente.

Ler máis   

A USC lidera a produción matemática de Galicia

O profesor da USC, Juan José Nieto Roig, na elite matemática mundial

A produción científica matemática de Galicia cuantificouse nun millar de documentos, 998 en total, publicados nas revistas máis prestixiosas do mundo entre os anos 1990 e 2005, segundo revela o estudo “A produción matemática en Galicia”, elaborado polo Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia-Bugalicia.
 
Xornal USC

O colectivo Diálogos 90 distinguiu á vicerreitora de Investigación da USC, María José Alonso, como Galega Destacada de 2008, xunto coa tamén investigadora Teresa Miras e a arquitecta Isabel Aguirre. Con este galardón honorífico, que xa vai na súa décimo sexta edición, quérese recoñecer cada ano o labor de tres mulleres nos máis variados campos profesionais. 

A vicerreitora Alonso, natural de León, chegou a Galicia para estudar hai máis de tres décadas e xa nunca máis partiu destas terras. Catedrática de Farmacia, dirixe numerosos proxectos entre os que destaca o desenvolvemento dunha vacina contra a hepatite B que se administra por vía nasal, sen empregar xiringa, co que se evitaría o contaxio de enfermidades como a SIDA. 

O traballo mereceu a atención da Fundación Bill e Melinda Gates que escolleu o seu proxecto entre máis de 1.500 de todo o mundo para financiar a investigación e así paliar canto antes os problemas de saúde que afectan ao Terceiro Mundo.

Ler máis   

http://www.bugalicia.org/interface.asp?bdd=220

A base de datos Westlaw Internacional, ofrece acceso directo a máis de 26.600 bases de datos que abranguen dende temas legais, a noticias de interese e negocios de todo o mundo; ademais conta con máis de 13.000 fontes de novas internacionais. Por países comprende:

* Reino Unido: fondos dende 1267 e casos de informes xudiciais, leis, xustiza civil, propiedade intelectual,etcétera dende 1865

* Estados Unidos: lexislación, casos dende 1658 que inclúen informes, xurisprudencia, novas de varios dos máis importantes xornais, entre outras fontes.

* Australia: casos dende 1903, con informes lexislativo se das cortes Federais, e leis.

* Unión Europea:  Lexislación da Unión Europea dende 1952 con informes de patentes, informes sobre dereitos humanos, propiedade intelectual europea, entre outros

* Hong Kong:  casos dende 1905 incluíndo informes de lexislación, informes sobre xustiza criminal, xornais lexislativos, e dende 2003 “Journal of Chinese and Comparative Law”
* Canada: casos dende 1825, informes sobre as Cortes Federais, ou Estatutos Canadienses entre outros.

Ademais de fontes comúns a varios países de todo o mundo.

Ler máis   

As Universidades galegas proceden á apertura dun novo servizo, SFX, unha aplicación que permite integrar compoñentes da biblioteca dixital mediante unha tecnoloxía de enlaces ademais de permitir avaliar a calidade, a rendibilidade e o equilibrio da colección de recursos-e.

Para máis información prema no seguinte enlace:

http://sfx.bugalicia.org/

Ler máis   

Xa se poden acceder as dúas novas coleccións da base de datos Periodicals Archive Online, as coleccións 5 e 6. Ata o momento o Consorcio tiña contratadas as coleccións da 1 a 4 e coas incorporacións súmanse 150 títulos máis cos que BUGalicia consegue ter un acceso íntegro á citada base de datos, contando neste momento con 531 títulos. Ademais engádense 203 títulos á base de datos referencial Periodicals Index Online (PIO).

Pao: http://pao.chadwyck.co.uk/home.do

Pio: http://pio.chadwyck.co.uk/home.do

Ler máis   

http://search.ebscohost.com/

A base de datos SportDiscus con Full-text completa a base de datos SportDiscus coa cal xa contaban as tres universidades galegas a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, trátase dun recurso con máis de 415 publicacións a texto completo (xa indexadas previamente en SportDiscus). O acceso ás revistas remóntase a 1985 e versa sobre diversas áreas do deporte, medicina deportiva, leis e lexislación deportiva,  traballo con persoas discapacitadas, deseño e administración de instalacións deportivas, educación na saúde,  psicoloxía do deporte, recreación ou  turismo entre outros.

Ler máis   

UDC

Directores
 
Elena Alfaya Lamas
Departamento de Biblioteconomía y Documentación
Rubén Jarazo Álvarez
Instituto Universitario de Estudios Irlandeses Amergin
Universidade da Coruña
congreso.documenta@udc.es alfaya@udc.es, rjarazo@udc.es
 
Colabora
 
Instituto Universitario de Estudios Irlandeses Amergin
Xunta de Galicia
Excma. Deputación Provincial da Coruña
 
Comité científico
 
Carmen Pérez Pais
María Antonia Pérez Rodríguez
Antonio Raúl de Toro Santos
Victoria Millor Rego
Carlos G. Santa Cecilia
Pablo Cancelo López
Alan Floyd Moore
David Clark Mitchell
Carmen Porta Losada
 
 Do 21 ao 23 de novembro de 2007 celébrase na Facultade de Humanidades do Campus de Ferrol o primeiro encontro internacional de investigación en Ciencias da Información e Documentación. Neste primeiro foro de debate tratarase de reflexionar e dialogar sobre as diferentes posibilidades que os profesionais desta disciplina teñen á hora de realizar achegas decisivas á sociedade do coñecemento, achegas que, ao mesmo tempo, ningunha outra rama profesional está en condicións de ofrecer coas mesmas garantías. Non só en tanto en canto se fala da xestión da información, senón tamén, da promoción do coñecemento.  Por todo isto se celebra a xuntanza, á que serán benvidas tanto propostas de comunicacións como paneis temáticos que se engloben nun dos seguintes marcos:
 
o          Comunicación audiovisual
o          Técnicas de investigación documental
o          Bibliometría y estadística
o          Literatura gris
o          Ciencias de la información
o          Catalogación
o          Fundamentos de informática y bases de datos
o          Fuentes de información
o          Gestión de la información
o          Biblioteconomía
o          Técnicas de explotación documental
o  Archivística
Máis información sobre comunicacións, matrícula e tasas no seguinte link: www.udc.es/amergin

Ler máis   

Esta actualización, permite categorizar, exportar expedientes de produtos químicos a excel, crear informes sobre fontes comerciais e un longo etcétera.

Ademais de ser compatible con Windows Vista e Mac OS X.

Para máis información: http://www.cas.org/products/sfacad/scholwhatsnew.html

Ler máis